Waterpolo PabellonDestacado Es noticia Waterpolo 

Waterpolo Pabellón loitará pola Copa Galega Absoluta de Waterpolo en Os Remedios

Copa Galega Absoluta de Waterpolo 2018

O waterpolo será o protagonista do sábado na piscina Rosario Dueñas coa disputa da Copa Galega Absolulta de Waterpolo.

Os seis equipos participantes serán o C. Natación Coruña, C. Waterpolo Pontevedra, C. Waterpolo Santiago, C.Mariña Ferrol, C. Waterpolo Pabellón Ourense e R.C.Naútico de Vigo.

A competición iniciarase as 10 da mañá co partido que enfrontará ao anfitrión Waterpolo Pabellón contra o Marina de Ferrol.

O programa de competición é o seguinte:

Copa Gallega Waterpolo 2018

Os partidos terán unha duración de 4 partes de 7´ a tempo parado con 2´ de descanso entre partes.

Cada equipo disporá de 2 tempos mortos que poderán ser utilizados en calquera momento do encontro.

En caso de empate procederase á realización dunha tanda de 5 penaltis cada equipo, en caso de persistir o empate, seguirán lanzando ata que haxa un gañador.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario