XII Trofeo Cidade de Ourense de voleiplaya
Club Ourense Voleipraia organiza a que é xa unha parada clásica no circuíto galego
XII Trofeo Cidade de Ourense de voleiplaya
O Campionato Galego Senior de Volei Praia continua a súa andaina coa celebración da segunda proba o vindeiro fin de semana do 16 ao 18 de xuño en Ourense. O XII Trofeo Cidade de Ourense, organizado pola Federación Galega de Voleibol e Club Ourense Voleipraia, é xa unha parada clásica dun circuíto galego que promete intensas emocións ao longo desta tempada.
Serán tres os días de competición coas previas previstas para a tarde do venres e un cadro final de 10 equipos, con 7 cabezas de serie (a organización resérvase 1 invitación) e 2 parellas que pasan da previa, polo que haberá un máximo de 13 inscritos por categoría a invitación ademáis da “Wild Card”.
As probas serán puntuables para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato Galego de Volei Praia Senior.
O programa horario será o seguinte:
Venres dia 17 de xuño : Previa torneo masculino e Feminino a partir das 17.00 horas (grupos de 3, que garanten 2 encontros).
Sábado dia 18 de xuño: Cadro Final torneo masculino. Inicio ás 9:00 horas. Reunión técnica as 08:30 (deberá estar presente un representante de cada CLUB). Acreditación (e pago se procede) 1 hora antes de cada encontro.
Domingo dia 19 de xuño: Cadro Final torneo feminino. Inicio do cadro final as 9:00 horas. Reunión técnica as 08:30 (deberá estar presente un representante de cada CLUB). Acreditación (e pago se procede) 1 hora antes de cada encontro.
O mércores ás 12.00 publicarase a lista de entrada e as 14.00 horas planning provisional. O xoves as 14.00 estará dispoñible o planning final.
As parellas deben estar pendentes da orde dos encontros, que terán prioridade sobre o horario, que é provisional (si hai adianto chámase por megafonía e débese estar localizable para evitar atrasos).
Inscrición
A inscrición nesta proba de Ourense farase achegando, antes do martes día 13 ás 20.00 h, un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as.
A inscrición terá un custe de 20 € por parella e o ingreso poderase facer no nº de conta do Banco Popular: ES89 0075 8909 1206 0093 7061.
Os premios serán os seguintes:
1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría e trofeo.
2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría e trofeo.
3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría e trofeo.
4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a licenza autonómica galega ou a licenza nacional de volei praia para poder participar nesta competición e que cada club terá que ter ingresado un aval de 100 € pola súa participación en calquera categoría do Campionato Galego que lle será devolto ao remate do mesmo no caso de que as súas parellas non recibiran ningunha sanción disciplinaria.
Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.
Tanto as listas de entrada do torneo, ordeadas en función do RNVP, como os cadros de partidos poderedes consultalas nesta mesma sección de noticias.
OS VIGUESES DOMINAN O TORNEO DE SAMIL
PRIMEIRA XORNADA DO CIRCUITO GALEGO DE VOLEIPRAIA | |
O mellor volei praia foi protagonista durante todo o fin de semana en Samil, no XV Trofeo Cidade de Vigo, que pechou hoxe a súa décimo quinta edición con gran éxito de participación e seguimento. O torneo inaugural do Circuito Galego de Volei Praia coronou no primeiro podio da tempada a Luci Paz e Marta González, do Volei Praia Vigo, no apartado feminino e á parella formada por Pablo Penedo e Nathan Matos, do Club Vigo Voleibol, no masculino. Samil foi un ano máis punto de partida do Circuito Galego de Volei Praia, e preto dun centenar de deportistas federados (ademáis do apartado amateur) reuníronse no areal olívico para disfrutar dun espectacular fin de semana. O torneo, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa EventoGlobal Organizia, arrincou na mañá do sábado coas previas para ter decidido o cadro final na xornada dominical e vivir o seu momento álxido esta mesma tarde coas grandes finais do torneo. Foi especialmente emocionante a final feminina que enfrontaba ás locais do Volei Praia Vigo, Marta González e Luci Paz, coas madrileñas Claudia Santiesteban e Claudia Maestri. Comezaron impoñéndose as galegas, pero tras poñerse as do Voley Playa Madrid ao mesmo nivel (17-21), o primeiro título en xogo da tempada decidiuse nun vibrante tie break que levaron González/Paz pola mínima, no 15 a 13. O Club Volei Praia Vigo acadou unha medalla máis neste apartado, co bronce de Tea Andric e Lorena Cruz. Outra parella local, Nathan Matos e Pablo Penedo (do Club Vigo Voleibol) foron os campións do apartado masculino, tras vencer ao conxunto formado por Óscar Sánchez (Club Vigo Voleibol) e Carlos Galego (Club Volei Praia Vigo). Tras un primeiro set espectacular, con grandes xogadas e continuos intercambios de puntos, Penedo e Matos lograron impoñerse na recta final (21-18) para coller o mando da final e pechar con maior autoridade no segundo parcial por 21 a 13. O podio completáronno Ángel Losada, do CDPF Volei Praia, e David Guiñazu, do VP Ferrol. A emoción vivida no areal vigués é tan só o comezo dun apaixonante Circuito Galego de Volei Praia que o vindeiro fin de semana, do 17 e 18 de xuño, fará a segunda parada en Ourense |