Voleibol Escolar

Este fin de semana o día 22 deste mes no pabellón da Farixa tivo lugar a primeira concentración de deporte escolar onde o club Burgas Voleibol Ourense contaba cunha representación das súas filiales do colexio Concepción Arenal, un equipo Alevín e dous benjamines, e do Colexio Pai Feijoo Allariz 3 equipos alevines.

Voleibol-escolar-01

Nesta primeira competición estaban os nervios a flor de pel xa que para moito dos nosos xogadores eran os seus primeiros partidos e a súa primeira experiencia nunha competición como esta, na cal búscase que todos eles aprenden este deportes e pásenllo o mellor posible.

A primeira hora xogaron os equipos alevines que lles tocaba desde as 10:00 ata as 11:30, onde tiveron que demostrar todo o que levaban aprendido ata agora. Por unha banda o equipo Concepción Arenal comezou forte e moi seguro de si podendo gañar algún dos seus encontros, pero en cambio outros os ía perdendo por varios erros de saque e de precisión.

Voleibol-escolar-02

Por outra os equipos pertencentes ao colexio Pai Feijoo Alevines Burgas CEIP – Pai Feijoo Allariz 1, empezou os partidos sen erros loitando cada punto e non fallando saques chegando a gañar todo ao principio pero logo varios erros de entendemento e varios fallos de técnica fixéronlles perder algún partido. O equipo Burgas CEIP – Pai Feijoo Allariz 2, comezou mais irregular con fallos de non saber que facer en cada caso pero logo de corrixir e comezar facer un xogo a tres toques conseguiron gañar varios partidos, xa que o seu xogo ía mellorando en canto avanzase a competición. O equipo Burgas CEIP – Pai Feijoo Allariz 3 non tivo tanta sorte xa que por varios erros tanto deles como doutras circunstancias foron perdendo partidos, pero eles poñían todo as súas ganas aínda que tivesen esas adversidades en mellorar e ir a por a súa primeira vitoria que chego case ao final conseguindo gañar varios partidos.

Logo chego a quenda aos mais pequenos ao noso benjamines que xogaban desde as 11:30 ata as 13:10, nesta categoría estabamos representados por dous equipos do Colexio Concepción Arenal.
O equipo Concepción Arenal 1 salio cunhas ganas tremendas intentando ter o menor erro en sáquelos e grazas a iso e o intentar xogar a dous toques que algunha comezaba a saírlle foron gañando moitos dos seus encontros.

O equipo Concepción Arenal 2 era un dos equipos mais pequenos en idade pero eles tiñan unha enorme enerxía e querían demostrar o que aprenderan aos poucos foron corrixindo os seus pequenos erros conseguindo gañar algún encontro.

Logo desta gran xornada só quédame dicir enhorabuena fixéstelo moi ben e non vos desaniméis ides mellorar moito e seguide con esas ganas, e por outra banda dar as grazas aos pais polo seu apoio.

 

Relacionado con: : , ,