Es noticia Voleibol 

Oira acolleu ó Trofeo Cidade de Ourense de Volei Praia

Trofeo Volei playa ourense 2015

X Edición do Trofeo Cidade de Ourense de Volei Praia

O volei praia foi o protagonista deste fin de semana en Oira, onde se celebrou a X Edición do Trofeo Cidade de Ourense senior, segunda proba do Circuito Galego de Volei Praia.

En Ourense as parellas Bouza-Mahía e Bouza-Zunzunegui venceron na súa estrea no Circuito Galego de Volei Praia 2015, no torneo masculino e feminino respectivamente.

O sábado a proba arrincou co torneo masculino, no que participaron un total de vintecatro parellas. Nesta categoría a parella formada por Víctor Bouza e Diego Mahía amosou o seu dominio, con catro vitorias, unha por 2 a 1 e tres delas asinadas en dous sets, incluidas as eliminatorias. En semifinais desfixéronse de Losada-Reina (21-15/21-18) e superaron con solvencia na final a Pablo Penedo e Óscar Sánchez (21-14/21-18), que volven a finalizar en segunda posición e encabezan a clasificación Sub 21.

O bronce da proba caeu en mans da dupla Losada/Reina (VPV-Fuengirola), que venceu nun pulso a un set a Guiñazu/Núñez, do CM Ferrol (21-19).

O domingo foi a quenda da categoría feminina, na que a parella formada por Nuria Bouza e Teresa Zunzunegui subían por primeira vez na tempada ao máis alto do podio. O combinado do VP Lugo e VP Santander dominaron a proba, gañando todos os seus partidos en dous parciais ata chegar á gran final.

No último paso cara o trofeo Nuria e Teresa atoparon a resistencia de María Triñanes e Rebeca González, campionas da proba inaugural celebrada en Vigo. A pesar do bó comezo das boirenses, que levaron un disputadísimo primeiro set (20-22), a lucense e a cántabra foron capaces de cambiar por completo o rumbo do partido no segundo set, setenciando con moita claridade e parciais de 21-10 e 15-9.

Ás finalistas acompañáronas no podio Luci Paz e Cristina Vázquez, que venceron na final de consolación ás súas compañeiras do Club Volei Praia Vigo, Elena Sardiña e Sara Rivera.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: