Destacado Es noticia Voleibol 

Oira acolle este verán o Circuíto Galego de Volei Praia, puntuable para o ‘ránking’ nacional

Organizado polo Club Milenio Ourense e o Consello Municipal de Deportes, desenvolverase nos meses de xuño, xullo e agosto logo da reforma integral das instalacións.

Circuíto Galego de Volei Praia

As instalacións de volei praia do complexo deportivo de Oira acollen, durante os meses de xuño, xullo e agosto 2018, as competicións do Circuíto Galego de Volei Praia. A cita, organizada polo Club Volei Praia Milenio Ourense e o Consello Municipal de Deportes, dará a posibilidade de inaugurar as dúas novas pistas regulamentarias para a práctica de volei praia, unhas “instalacións que nos ofrecen a posibilidade de desenvolver campionatos locais, autonómicos ou de carácter nacional durante os meses de verán”, en palabras do concelleiro de Deportes, Mario Guede.

Neste torneo do Corpus xogarán, representando ao Sousas Oira Praia, a parella masculina formada por Hernán Tovar e Juan Gradua que son considerados como un dos mellores dúos do voleibol español e que están a representar ao equipo ourensán en todos os torneos do Circuíto Mádison Beach Voley Tour nacional. Tamén estarán a representar ao Sousas Oira Praia os xogadores ourensáns Pablo Parga e Jhosua Rodríguez, e as parellas femininas formadas por Patri González e Gladys Giráldez e por Rebeca Kruse e Ángélica Orobio.

Ademais das dúas pistas regulamentarias, o novo recinto Oira Praia contará cunha zona de lecer para os deportistas e unha caseta adaptada como zona de vestiarios e como local social para a organización de eventos e dos distintos campionatos de volei praia que se celebren este ano, tanto nos circuítos autonómicos e nacionais. Esta reforma integral das instalacións posibilitará, ademais, o adestramento adecuado para os xogadores federados para competir nas distintas probas autonómicas e nacionais.

Calendario de probas:

  • 7-8 xullo – 2º Torneo Categorías Inferiores Milenio

  • 13-15 xullo – 1º Torneo Sénior Do Campionato Galego

  • 20-22 xullo – Proba Categorías Inferiores Campionato Galego

  • 4-5 agosto – 3º Torneo Categorías Inferiores Milenio

  • 10-12 agosto – 2º Torneo Sénior Do Campionato Galego

  • 18-19 agosto – 4º Torneo Categorías Inferiores Milenio

  • 24-26 agosto – 3º Torneo Sénior Campionato Galego (PROBA Final)

  • 1-2 setembro – 5º Torneo Categorías Inferiores Milenio

XIII Torneo «Cidade de Ourense»

Na presentación do Circuíto presentouse, ademais, a décimo terceira edición do Torneo Cidade de Ourense de Volei Praia, dentro da programación das Festas de Ourense, unha proba que, coma as anteriores, tamén é puntuable para o ránking galego e nacional.

Os partidos comezarán o xoves, coa disputa das fases previas. O sábado 30 terá lugar a competición masculina e, durante o domingo, a feminina.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: