Destacado Es noticia Voleibol 

O Circuito Vichy Catalán Volei Praia Tour chega a Ourense tras pasar por Valdeorras

Circuito Vichy Catalán Volei Praia Tour – Campionato Galego de Categorías Inferiores

O Circuito Vichy Catalán Volei Praia Tour – Campionato Galego de Categorías Inferiores continúa o seu percorrido pola xeografía galega facendo disfrutar á nosa canteira da súa paixón polo volei praia. O pasado fin de semana o torneo chegou ata O Barco de Valdeorras, onde preto de douscentos xogadores de toda Galicia disputaron unha nova e emocionante proba co fin de seguir puntuando con vistas ao título autonómico.

O Campo do Salgueiral foi o escenario ata onde se desprazou a canteira galega para comezar o sábado a terceira proba do verán. Abriron a competición as categorías sub 19 e infantil femininas, que xogaron previas pola mañá e as finais na tarde do sábado.

Na Sub 19 as mellores foron Aída Pérez e Sabela Moreno, do Volei Praia Vigo, que gañaron a final ante María Bouza e Carmen González, do VP Lugo en dous parciais resoltos en 21-19 e 21-10. No podio as olívicas e as lucenses estiveron acompañadas de Helena Calo e Lucía Rodríguez do CV Cabo de Cruz, que superaron no tie break da consolación a Cristina Freire e Andrea Jiménez do Club Ourense Volei Praia (21-16/16-21/15-8).

En canto á infantil, as gañadoras foron Chole López e Marta Blanco, do Cabo de Cruz. As boirenses venceron en dous parciais a Saray Calo e Helena López nun duelo fraticida que se resolveu 21 a 13 e 21 a 16.

Na pelexa polo bronce fixéronse coa medalla Candela Fernández e Sara Fernández, do Emevé, tras superar a Adriana Fungueiriño e Elen Saavedra por 2 sets a 1 (4-21/21-10/15-9)

O domingo, pechando a competición, xogaron as categorías cadetes, tanto masculina como feminina.

Entre as rapazas destacaron Lidia Figueira e Lucía Rodríguez, do Cabo de Cruz, que tras chegar á gran final superaron ás súas compañeiras de equipo Mara Vidal e Sara Ordoñez por 2 a 1 (12-21/21-5/15-4)

Entraron no podio con elas María Bouza e Carmen González, do Club Volei Praia Lugo, por diante de Chloe López e Adriana Fungueiriño do Cabo de Cruz.

En canto ao apartado masculino, os gañadores na proba do Barco foron Roi Losada e Pablo Allegue do CD Padre Faustino tras vencer por 2-0 (21-17/21-15) aos vigueses Javier Loureiro e David López do VPV. Pecharon o cadro de honra Alan Dávila e Jaime Arjones do Club Cabo de Cruz de Boiro logo de gañar a Iago Allegue e Álvaro Rama do CDPF (21-15/21-15).

Circuito Vichy Catalán Volei Praia Tour – Campionato Galego de Categorías Inferiores

O Circuito Vichy Catalán Volei Praia Tour – Campionato Galego de Categorías Inferiores continúa o seu percorrido pola xeografía galega e o do xoves 19 ao domingo 22 de xullo chega a Ourense para celebrar a cuarta proba do verán para a canteira.

Por motivos de organización cambia o reparto de categorías sendo o xoves o torneo Sub 19 (masculino e feminino), ovenres paraas categorías cadete e infantil masculinas, o sábado a infantil feminina e a alevín masculina e o domingo para acadete feminina e a alevín feminina.

Noticias relacionadas