Llega la tercera prueba del Circuito Sousas Oira Praia, séptima del circuito gallego
TERCEIRA PROBA DO CIRCUITO SOUSAS OIRA PRAIA, SÉTIMA DO CIRCUITO GALEGO DE VOLEI PRAIA
O Campionato Galego Senior de Volei Praia abre o mes de agosto coa sétima proba do torneo en Ourense. A terceira edición do Circuito Sousas Oira Praia celébrase o vindeiro fin de semana do 4 e 5 de agosto para as categorías senior e Sub 21.
As novas instalacións do Complexo Deportivo de Oira serán de novo protagonistas ao reunir ás mellores parellas do volei praia autonómico pelexandopor subirse ao máis alto do podio e puntuar tanto para o ranking galego como para o nacional.
Competición
A competición será Senior e Sub 21, tanto masculina como feminina.
O torneo masculino xogarase o sábado e o feminina o domingo (en ambas xornadas durante todo o día). En caso necesario disputaráse unha fase previa o venres pola tarde.
Ademais os participantes terán a oportunidade de acampar, nun recinto destinado a tal fin ao carón das pistas.
PREMIOS
Repartirase o 60% do diñeiro recadado en cada categoría.
Os premios serán os seguintes:
SUB.21: agasallos dos patrocinadores
- 1 CLASIFICADO
- 2 CLASIFICADO
- 3 CLASIFICADO
SENIOR:
- Importe máximo de 450€/categoría.
- Importe mínimo de 200€/categoría.
Os importes totais irán en función do número de inscricións en cada unha das categorías. Abonaránse a través de transferencia bancaria.
Todas as parellas premiadas recibirán agasallos dos patrocinadores e os campións da categoría senior masculina e feminina serán invitados sen custo á seguinte proba do circuito.
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin.
Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.
A organización do torneo poderá excluir as parellas que non estean debidamente uniformadas da participación do mesmo, previo aviso.