Dompa GestionDestacado Es noticia Voleibol 

Golpe de autoridade de Dompa Gestión ante o Xuvenil Teis

Dompa Gestión deu un golpe de autoridade na zona media da táboa ao superar a un rival directo como é o Conavi Xuvenil Teis. (3-1 — 25-18// 25-12// 17-25// 25-19)

As ourensás foron superiores nos primeiros dous parciais nos que as viguesas non terminaban de entrar en calor (25-18 e 25-12). A reacción das visitantes chegaría no terceiro, no que aproveitaban unha relaxación do xogo local para levalo 17 a 25, pero pronto arranxaban a situación as xogadoras do Dompa, sentenciando pola vía rápida no cuarto 25 a 19.

Na undécima xornada o Dompa visita o sábado ás 17.00 horas ao Alianza Española de Seguros CVP no pavillón da Xunqueira e o Conavi Xuvenil Teis recibe ao AD Xiria Asesoría Cervantes ás 20.00 horas no seu pavillón.

En canto ao apartado masculino, o partido da xornada entre Casa y Baño Oleiros e Mexillón de Ouro VB Rianxo tivo que ser cancelado por problemas coa pista.

A clasificación segue liderada polo Jealsa Boiro Voleibol que o vindeiro fin de semana recibe ao Mesón A Granxa San Sadurniño o sábado ás 12.00 horas en A Cachada. Ademáis no mesmo día o segundo clasificado, Casa y Baño Oleiros, visita ao Asesores Vila Castro no IES A Farixa ás 18.00 horas e ás 18.30 horas será a quenda de Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo e Calasancias Coruña que se enfrentan no pavillón de Deportes de Rianxo.

 

 

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario