Es noticia Voleibol 

Gladys Giráldez e Patricia González quintas no Nacional Sub21

A boa actuación das ourensáns Gladys Giráldez e Patricia González danlle a 5ª plaza a Selección Galega de Voleipraia.

No nacional Cadete o Ourense Voleipraia completou a compitición sen acadar ningunha victoria.

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 21

Galicia rematou onte a súa andadura no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 21 en Las Palmas. A Selección feminina, formada polas xogadoras ourensáns Gladys Giráldez e Patricia González foi a que mellor resultado acadou, cunha moi meritoria quinta praza no nacional. Pelexaron tamén ata o derradeiro encontro Marco Lado e David Redonda, que pese a todo tiveron que conformarse coa décimo terceira posición do torneo masculino.

A pesar do bó resultado final, as nosas representantes, Patricia González e Gladys Giráldez, non comezaron con bo pé o torneo. As ourensás caeron no seu debut en Las Palmas ante a potencia das madrileñas Carro/Moreno en dous parciais (21-9/21-9).

Repuxéronse, pero nun choque axustado ante as cántabras Alonso / Illerías, a sorte non estivo do seu lado e perderon en dous parciais con idéntico resultado de 21 a 18.

O sábado por fin o esforzo daría os seus froitos na pista, vencendo á parella de Canarias Martín/González en dous asaltos para pouco despois, ás 15.30 horas asinar un impresionante partido ante as tamén canarias Gómez/Falcón. Gladys e Patricia repuxéronse dun 21-16 inicial en contra e pelexando ata a derradeira bóla que caía sobre a area lograron gañar un axustadísimo segundo sel 21 a 23 e chegar con vantaxe anímica ao tie break, que remataría 15 a 10 para as galegas.

Esta vitoria daba dereito ás galegas a pelexar o pase a semifinais ante Ruiz/Gutiérrez pero pese ao bó comezo das nosas, que marcaron o ritmo do primeiro set anotándoo 21 a 17, non puideron coa contestación das vascas, que rexurdiron das súas cinzas para entrar nas eliminatorias 21 a 17 e 15 a 11 e deixar ás nosas con esa máis que meritoria quinta posición.

Equipo masculino

No apartado masculino, tampouco tiveron un gran comezo Marco Lado e David Redonda, que caeron pelexando ata o derradeiro punto no primeiro encontro ante a parella madrileña Pino/Rangelov, en dous sets con parciais de 21-17 e 23-21.

Seguiron dando a talla no seguinte choque fronte os canarios Gallardo/Duque, pero o tie break decidiu á vitoria para ós das illas por apenas dous puntos de diferencia (21-18/20-22/13-15).

Xa o sábado, enfrontábanse á parella balear Ramón/Sánchez, outro partido complicado no que os galegos estiveron á altura pero non lles acompañou a sorte, caendo na morte súbita, por 2 sets a 1.

No cadro de consolación puideron finalmente resarcirse para rematar con vitoria o campionato (por 2-1 ante Cataluña) e obter a décimo terceira praza nacional.

Ese quinto posto obtido no torneo feminino sub 21 é un logro a destacar e sumar a outra meritoria sétima praza acadada pola selección masculina cadete este ano. Galicia aínda participará nun nacional máis esta tempada, o da categoría Sub 19 que terá lugar en Lorca do 3 ao 8 de agosto.

Campionato de España Cadete

Sen sorte para o Ourense Volei Praia no seu paso pola competición nacional. As ourensáns xa caeron nos primeiros dous partidos en dous sets ante CV Oviedo (12-21/6-21) e VP Riazor (3-21/11-21) e pouco máis puideron facer na consolación, onde tamén perderon ante EMD Daganzo 1-2: 21-13/6-21/7-15) e CV Sant Just (0-2: 12-21/12-21), quedando relegadas á cola da clasificación.

Noticias relacionadas