El Dompa Xestión suma su primera victoria de la temporada

Segunda División Femenina

A novena xornada de liga deixa ao CVP Alianza Española de Seguros no máis alto da clasificación feminina, logo de superar a un rival directo na cabeza da táboa, o CV Zalaeta. As pontevedresas terán que defender este liderato o vindeiro fin de semana, xa que se enfrentan ao Caldaria Voleyourense, invicto todavía, e en segunda posición cun partido xogado menos que o CVP.

Ademáis, nesta xornada o Dompa Gestión acadaba a súa primeira vitoria da tempada fronte o XAV Cambados, e o Jealsa Boiro levaba a cuarta fronte o Emevé. Sen embargo lucenses non marchan coas mans valeiras da xornada, xa que o luns vencían na cancha do Dompa Gestión. Por último o Calasancias Coruña superaba en tres parciais ao CV Bruxas, anotando o seu cuarto triunfo da tempada.

zalaeta-pontevedra-2014

Crónicas de la jornada femenina

A pasada foi unha xornada importante para o CVP Alianza Española de Seguros, que gañou a un rival directo na pelexa polos primeiros postos da liga, o CV Zalaeta, accedendo ao liderato da mesma.

As coruñesas comezaron con moitos erros o encontro, e as de Pontevedra, cun xogo moi regular e unha gran actuación en ataque, lograron encarrilar o xogo para levar o primeiro set con dez puntos de vantaxe (15-25).

No segundo melloraron a súa actuación as do instituto, pero non foi suficiente para superar a un CV Pontevedra moi regular que asinaba o 0-2 por 21 a 25. No seguinte asalto sí lograban reaccionar as coruñesas, que intentando forzar o desempate comezaban a remontada co 25-19 do terceiro set. Unha remontada que finalmente caía en saco roto, xa que o Pontevedra tomaba o mando de novo na cuarta manga, a máis igualada do encontro, para pechar a contenda no 23-25.

Outro dos grandes beneficiados da xornada foi o Jealsa Boiro Voleibol, que acadou a cuarta vitoria da tempada nun traballado encontro ante o Emevé.

Boirenses e lucenses repartíronse os dous primeiros parciais, especialmente igualados e decididos pola mínima nos últimos tantos para un e outro equipo (25-22 e 22-25). A partir do terceiro, o Jealsa comezou a apertar en saque e ataque para facerse paulatinamente co mando do xogo e así pechar o partido deixando ás súas rivais en 18 e 16 puntos nas seguintes mangas.

As lucenses puideron resarcirse desta derrota o luns, cando superaron ao Dompa Gestión por 1 set a 3.

O Emevé dominou os inicios, con parciais moi claros de 14-25 e 16-25. No terceiro chegou a reacción das ourensás, que conseguiron subir o 2-1 ao marcador por 25 a 20 e a piques estiveron de darlle a volta ao choque no cuarto, o máis axustado, pero finalmente foi o Emevé quen mellor xestionou as últimas xogadas para asinar a vitoria pola mínima no 23-25.

Pese a derrota ante o Emevé, o pasado foi tamén un gran fin de semana para o Dompa Gestión, que lograba estrear o casilleiro de vitorias nun partido especialmente emocionante ante o XAV Cambados.

A igualdade entre ambas plantillas quedou patente dende os inicios do choque, con marcadores moi igualados que se resolvían finalmente a favor das cambadesas no 25 a 23. No segundo, sen embargo, eran as ourensás as que conseguían encauzar a recta final do set 21 a 25.

Unha igualdade que continuaba nos seguintes sets, para chegar tras dous parciais moi semellantes (25-22 e 20-25) ao momento da verdade: o tie break. A morte súbita chegou a un vibrante final de set no que o Dompa Gestión lograba encadear unha serie de boas xogadas para poñer punto final á pelexa no 12-15, e celebrar a primeira vitoria da tempada.

A lista de gañadores péchaa o Calasancias Coruña, que se facía co choque ante o CV Bruxas nun partido resolto en tres parciais máis igualados do que nun principio arroxa o resultado (22-25/13-25/24-26).

Masculina

Pola outra banda, no apartado masculino, o vencedor da xornada foi o Redesyl Boiro Voleibol, que anotaba a segunda vitoria consecutiva ante o Emevé.

O Redesyl Boiro Voleibol anotaba a segundo triunfo consecutivo, nesta ocasión ante o Emevé, en tres sets. Os barbanceses colleron o mando do partido dende o primeiro parcial, que anotaron 25 a 18 con moi boa actuación en bloqueo e defensa. Os lucenses tan só puideron inquietar ao Redesyl no segundo, no que chegaron igualados aos últimos tantos, finalmente anotados polos de Boiro (26-24), xa que no terceiro os homes de Adrián Alves retomaban o control para sentenciar pola vía rápida 25 a 14.

 

Noticias relacionadas