E.M. de Voleibol de A Rúa dominador en el inicio del minivolei provincial
O ESCOLA MUNICIPAL DE VOLEIBOL DE A RÚA, DOMINADOR DA PRIMEIRA CONCENTRACIÓN DE MINIVOLEI PROVINCIAL
O pasado sábado 22 de novembro, disputouse en Ourense a primeira concentración provincial de Minivolei escolar para as categorías benxamín e alevín. Na xornada conviviron máis dun centenar de xogadores distribuídos en once equipos en categoría alevín e doce en categoría benxamín.
Participaron deste evento deportivo os equipos de varios colexios e escolas deportivas ourensás: CEIP Manuel Respino (A Rúa), CEIP Padre Feijoo (Allariz), Colexio Concepción Arenal (Ourense), Colexio Divina Pastora (Ourense), Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar), Escola Municipal Concello de A Rúa, Escola Voleibol San Martiño (Ourense) e Escola Voleibol Vila Castro (Ourense).
Tras disputarse a primeira xornada preséntanse como favoritos para revalidar o título provincial en categorías alevín e benxamín os pupilos de Toño García, da Escola Municipal de Voleibol de A Rúa, que finalizaron invictos a xornada.
Nas dúas categorías tamén destacou a actuación dos equipos do Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar), que seguen aos de Valdeorras no alto da clasificación.
O equipo revelación foi, sen dúbida, o CEIP Padre Feijoo de categoría alevín, que no seu debut nunha competición provincial únicamente cedeu dous partidos e finalizou empatado a puntos co Guillelme Brown na cabeza da táboa.
A próxima cita co Minivolei en Ourense será o vindeiro día 13 de decembro no Pazo dos Deportes Paco Paz a partir das 10 da mañá. Ese día disputarase unha concentración organizada pola Federación Galega de Voleibol na que participarán equipos de toda a Galicia na primeira competición federada de minivolei da tempada.