Es noticia Voleibol 

Copa Deputación de Voleibol este sábado no Paco Paz

Desde as 9:30 hasta a 19:30 para as categorías de benxamín a senior

Copa Deputación de Ourense de Voleibol

Un ano máis, os equipos ourensáns reúnense para participar na Copa Deputación de Ourense, que suma xa a súa trixésimo segunda edición. Este clásico torneo citará o vindeiro sábado 10 de xuño no Pazo dos Deportes Paco Paz a todos os clubes e a todas as xeracións de xogadores da provincia para disfrutar dunha xornada completa de voleibol e coroar aos campións da Copa 2017.

Toda a gran familia do voleibol ourensán está invitada. Dende os benxamíns e alevíns, pasando polas categorías de base infantil cadete e xuvenil ata os senior reuniránse na mañá do sábado para competir polo trofeo con máis renome da provincia.

Primeiro competirán os máis cativos coas previas e cara a última hora da mañá, sobre as 13.00 horas os alevíns e benxamíns xogarán as súas finais.

Ás 15.30 horas chegará o punto álxido da competición co comezo do resto de eliminatorias (infantil, cadete, xuvenil e senior) e ás 19.30 horas será o momento máxico de clausura no que terá lugar a entrega de premios, onde todas as categorías reunidas, xunto cos aficionados a este deporte, deixarán patente que, máis aló dos trofeos, o verdadeiro premio é o de formar parte desta gran familia do voleibol ourensán que non deixa de medrar.

Noticias relacionadas