Club Voleibol San Martiño: Ies Lagoas xuvenil supera ó Mexillon de Ouro Volei Rianxo (3-1)
Ies Lagoas xuvenil – Mexillon de Ouro Volei Rianxo (3-1)
Este fin de semana só houbo un partido dos filiais do Club Voleibol San Martiño, sendo leste o equipo Ies Lagoas xuvenil que esta xogando a fase de ascenso no grupo A o cal xogábase no seu grupo da fase de ascenso o primeiro posto contra o equipo de Mexillon de Ouro Volei Rianxo. No primeiro encontro que tivo lugar en casa dos rianxos o equipo ourensano habia perdido 3-1 agora que era o partido de volta e xogábase no pavillón da Carballeira ás 18:00, víase un partido interesante onde os ourensanos só lles valía para conseguir o primeiro posto gañar 3-0 ou 3-1 pero neste caso habería que mirar os puntos de ambos equipos, para saber quen se poría primeiro no grupo.
O encontro comezou con forza para o equipo ourensano Ies Lagoas, xa que non daba respiro e marcaba o ritmo de xogo con bos ataques isto levo a que collese unha ampla vantaxe desde o principio e servíselles para acomodarse no primeiro set, aínda que lles costo finalizar os puntos finais xa que había perdido a faísca do principio pero levar o primeiro set cun 25-15.
O segundo set comezou mal para as ourensanas xa que seguiron co mal xogo que tiveron para finalizar o anterior set isto fíxolles pagar varios erros tanto en ataques e en recepcións mentres o equipo de Rianxo un rival difícil non paraba de facernos danos con sáquelos e os seus ataques, non podendo o equipo ourensano en ningún momento deste set poñerse por diante e perdendo o set por un 18-25.
Chegados este momento no cambio de set as instrucións do adestrador foi que buscasen ese xogo do principio sen complicacións e con menos fallos, insistindo o ataque, funcionando desde o principio e atacando forte o equipo ourensano puido marcar desde o principio unha diferenza, isto levo a que o seu rival non soubese responder, sendo asi que o equipo ourensano levar o set con gran vantaxe por un 25-11.
O cuarto set comezou irregular onde os primeiros pasos para ambos equipos foi un intercambio de puntos, pero ao pouco o equipo ourensano soubo coller unha pequena vantaxe de 3 ou 4 puntos que soubo manter ata a metade de set, pero nese momento ao non saber impoñer o seu xogo ao seu rival, o rianxo planto cara ata case igualar o set en 15-14, pero o equipo ourensano Ies Lagoas soubo reaccionar e poñer unha pequena vantaxe e ir incrementando cun bo saque e sen deixar ao seu rival respirar levándose o set e o partido finalmente.
Con esta vitoria o equipo Ies Lagoas consegue a primeira posición empatado co equipo de Rianxo, pero con mais puntos a favor para o equipo ourensano, dependendo deles mesmo no ultimo partido para acabar en primeira posición e conseguir o tabn traballado por todos os xogadores o ascenso a segunda división autonomica, Só quedándolle o partido contra Cangas que se xogase o fin de semana do 22 e 23 de abril en Cangas.
Os demais equipos están á espera de que comeza a seguinte e ultimo escalón para conseguir unha praza de ascenso, que son o equipo xuvenil Dompa Gestion que quere ascender a primeira e o equipo infantil Guillelme Brown que quere ascender a primeira, que terán lugar nos meses de Maio.