Caldaria Voleyourense segue lider na segunda femenina e Asesores Vila Castro terceiro na masculina

INTENSA XORNADA EN SEGUNDA DIVISIÓN

Segunda División Masculina

O equipo ourensán Asesores Vila Castro lograba manter a terceira praza cunha sufrida vitoria ante o Xiria Volei culminada no quinto set. O Fisioterapia Cinesia Noia segue a dominar a clasificación masculina, tras sumar tres novos puntos ante o Emevé.

Burgas-Volei

Xogo e emoción houbo en Carballo, onde o choque entre Xiria Volei e Asesores Vila Castro tivo que resolverse na morte súbita. Cando os ourensáns parecían ter o encontro encamiñado e case sentenciado cun 2-0 (23-25/16-25), chegou a reacción dos locais, que deron a volta por completo ao encontro poñendo contra as cordas ao Burgas Volei 25-15 e 25-23. Chegado o momento da verdade, o equipo de Ourense non dubidou, e con paso firme anotou o segundo triunfo da tempada no tie break por 8 a 15.

O liderato do Fisioterapia Cinesia Noia continúa sen verse ameazado tras sumar tres novos puntos ao casilleiro o pasado fin de semana nun accidentado partido fronte o Emevé. O equipo lucense, coa plantilla xusta, sufriu a lesión dun dos seus xogadores, impedindo que o partido proseguise e dando lugar ao atípico resultado de 3-0: 25-6, 25-0, 25-0.

 

Segunda División Feminina

Un panorama semellante ao da Segunda División Feminina, na que o Caldaria Voleyourense continúa invicto, pero xa cun set en contra, anotado polo CV Zalaeta nun partido moi pelexado que rematou 3 a 1 para as ourensás.

boiro-ponte

As ourensás lograrían impoñerse na recta final do primeiro set (21-25), pero o bó facer das herculinas levaba o empate ao marcador no segundo, con idéntico parcial (25-21).

A batalla crucial chegaría entón no terceiro set, no que ambos equipos daban o mellor de sí para impedir a escapada rival. Unha mellor xestión dos últimos tantos por parte do Caldaria, outorgáballes unha vitoria importantísima no 25-27, que sería xerme do triunfo final das líderes no 16-25 do cuarto set.

Máis disputado aínda, resultou ser o choque entre Jealsa Boiro e CVP Alianza Española de Seguros, que rematou coa imbatibilidade das pontevedresas nesta tempada 14/15.

Outro 2-3 pecha a sétima xornada da Segunda División. O XAV Cambados comezou adiantándose en casa ante un Ibericar Turbotracción Xuvenil Teis ao que lle custou entrar no partido (25-20). A partir do segundo set as de Vigo reaccionaban para levar con moita claridade os seguintes dous sets, deixando ás cambadesas en 8 e 15 tantos.

Pero a apatía volvía apoderarse do xogo no campo das de Teis, unha situación que aproveitaban as locais para forzar o desempate (25-21). Xa no quinto, o conxunto de Rodolfo Lago non perdonou, sumando a súa quinta vitoria da tempada no 8-15.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: