Es noticia Voleibol 

Caldaria Voleyourense revalida o título de 1º División Autonómica Femenina

 En la final a cuatro masculina Asesores Vilacastro finalizaba en la cuarta plaza tras ceder en los dos encuentros.

Caldaria Voleyourense revalida o título de 1º División Autonómica Femenina

O play off comezaba ás 10.00 horas en Carballo co choque entre CV Bruxas e CV Zalaeta, segundo e terceiro respectivamente da liga regular e que remataría co pase do CV Zalatea á final.

No segundo partido da xornada, Caldaria Voleyourense clasificábase para a final tras unha complicadísima semifinal ante o AD Xiria Asesoría Cervantes. Un igualadísimo primeiro set levou o empate ata o punto 22, e foron tan só dúas xogadas as que puxeron por diante ao líder da fase regular 22 a 25.

Pero o Xiria acudía á cita para pelexar polo título, e dobrou esforzos en cada unha das facetas para empatar 25 a 17 cun xogo moi seguro que seguiron mantendo na terceira manga. Chegada a recta final con vantaxe de tres tantos (23-20), as locais perdían por lesión á súa central, Raquel, pero lograban rematar a fazaña 25 a 21.

No terceiro, e coa tensión dun choque decisivo, o Xiria lograba remontar un 1-5 en contra ata o 9-9 no marcador. Os empates sucedíanse no luminoso ata a recta final na que o Voleyourense aproveitaba o erro local para forzar o quinto 21 a 25.

No tie break ao Asesoría Cervantes pasáballe factura o desgaste físico, e as ourensás aproveitaban para despregar con comodidade o seu xogo e pechar 9 a 15 e meterse na final polo título.

Final frente o CV Zalatea

A final do torneo ante o CV Zalatea enfontaba a dous grandes equipos que levarían a emoción ao pavillón Vila de Noia de Carballo.

Comezou pegando máis forte o Caldaria a pesar da igualdade vivida durante os dous primeiros sets (25-23/25-23), pero un baixón das ourensás daba pulo ao Zalaeta, que non desperdiciaba a ocasión para empatar 15 a 25 e 17 a 25. No desempate, un xogo en equipo do Voleyourense moi sólido propiciou o seu despegue no marcador para pechar a contenda 15 a 10 e revalidar o título de Campión Galego Senior Feminino.

Ademáis, a súa colocadora, Patricia González, era nomeada mellor xogadora do torneo, recibindo o premio de mans do Presidente da Federación Galega de Voleibol, José A. Luna Bargo.

Así chega ao seu fin unha liga emocionante ata o último momento que coronou a un equipo, o Caldaria Voleyourense, que suma xa tres títulos consecutivos na categoría.

Final categoría masculina

A categoría masculina reuniu en Rianxo aos catro mellores equipos senior para decidir ao seu campión.

A competición arrincou ás 10.00 horas do sábado coa primeira semifinal entre Asesores Vilacastro Burgas Volei e Calasancias Coruña. E comezaron pegando os coruñeses, que aproveitando os erros en ataque dos ourensáns, anotaban o primeiro 25 a 18.

Pero o Asesores Vilacastro non marcharía da eliminatoria sen pelexar e moito máis seguro no segundo parcial, empataba o encontro 25 a 22 e levaba a emoción ás eliminatorias. Pese a todo, o gran bloqueo do Calasancias marcaba a diferencia nun axustado terceiro set (25-22) que sería a chave para desestabilizar ao rival e acadar o billete á final no cuarto, 25 a 15.

Terceiro e cuarto posto

Tras a derrota, Asesores Vilacastro foron a polo bronce no primeiro choque da tarde ante os de Rianxo. Tras a vitoria dos ourensáns no primeiro 13 a 25, os de Rianxo reaccionaron enseguida para levar o segundo (25-19) e un igualadísimo terceiro set (28-26) que lles alisaba o camiño ao podio no cuarto (25-13).

Pouco despois o Calasancias Coruña recollería por primeira vez o seu trofeo de campión galego senior, e Jorge Lendoiro faría o propio co premio ao mellor xogador do torneo.

Noticias relacionadas