O CALDARIA VOLEYOURENSE MANTÉN A IMBATIBILIDADE EN SEGUNDA. DOMPA GESTIÓN CAE DERROTADO FRENTE Ó CALASANCIAS CORUÑA

Xa na quinta xornada de liga, algúns equipos comezan a perfilarse como favoritos a pelexar polo título da Segunda División Autonómica. É o caso do Caldaria Voleyourense, que tras catro partidos disputados conserva non só a imbatibilidade, se non tamén a condición de ser o único conxunto da liga sen un só xogo en contra.

Ás ourensás marchan primeiras tras superar ao Jealsa Boiro Voleibol en tres parciais, seguidas en segunda posición por outro equipo que todavía non cedeu un partido, o Autos Cancela Zalaeta. As coruñesas venceron tamén en tres sets ao XAV Cambados nesta última xornada.

O JEALSA choca contra o bloqueo-defensa do Caldaria (Foto: Blog Boiro Voleibol)

O JEALSA choca contra o bloqueo-defensa do Caldaria (Foto: Blog Boiro Voleibol)

A lista de gañadores na Segunda Feminina péchase cos triunfos do Ibericar Turbotracción Xuvenil Teis ante o CV Bruxas e o do Calasancias Coruña sobre o Dompa Gestión, ambos en tres sets.

Avanza a Segunda División e entra xa na quinta xornada ligueira, na que o Caldaria Voleyourense reafírmase como un dos favoritos a pelexar polo título autonómico.

Na súa visita á cancha do Jealsa Boiro Voleibol, o equipo ourensán mostrouse intratable dende os comezos, cun 0-6 inicial que foi imposible de neutralizar por parte das locais, rematando cun claro 14-25 o primeiro set. O segundo comezou da mesma forma, coas visitantes despegándose no marcador dende os primeiros compases. O Caldaria colocouse moi ben en defensa e bloqueo, o que unido a súa efectividade en ataque, deixou sen opcións ás boirenses que non puideron chegar aos dez tantos neste parcial (9-25).

Tras as primeiras vantaxes das ourensás, o Redesyl logrou mellorar o seu xogo para chegar máis preto das súas adversarias aos tantos finais do terceiro set, pero non foi suficiente para inquietar a un Voleyourense moi sólido que pechaba set e partido no 22-25.

Igual de contundente foi a vitoria do Zalaeta ante o XAV Cambados. As locais non puideron coa potencia ofensiva das herculinas que levaron os puntos en xogo pola vía rápida en tres sets con parciais de 15-25, 8-25 e 20-25.

Desta forma o Zalaeta conserva a segunda praza da clasificación, por detrás do Caldaria Voleyourense e por enriba do CV Pontevedra, que descansaba a pasada xornada.

A cuarta praza ocúpaa o Ibericar Turbotracción Xuvenil Teis, que na última xornada venceu ao CV Bruxas en tres parciais. Aínda que os comezos foron máis igualados (20-25 no primeiro set), o equipo vigués foi tomando pouco a pouco o control do partido para anotalo sen complicacións con marcadores de 16-25 e 12-25 na segunda e terceira manga.

Ao equipo de Teis ségueo en sexta posición o Calasancias Coruña, outro dos gañadores da xornada. As herculinas impuxéronse con moita claridade ante un Dompa Gestión que non puido reaccionar ata o terceiro set (25-12/25-7/25-20).

 

Relacionado con: : ,