Voleibol 

Caldaria Voleyourense e Asesores Vilacastro ante a final de Primeira Autonómica

A Primeira División Senior Autonómica chega este fin de semana ao seu desenlace. Os mellores conxuntos galegos da tempada pelexarán o 22 e 23 de abril nas Fases Finai da categoría.

Entre eles dous equipos ourensáns o Caldaria Voleyourense en mulleres e Asesores Vilacastro en homes. O play off masculino será o sábado en Rianxo e o feminino o domingo en Carballo.

O Caldaria, favorito en Carballo

O domingo 23 de abril decidiráse o título feminino no Pavillón Vila de Noia de Carballo.

Ás 12.00 horas está prevista a segunda semifinal que enfrenta ao Caldaria Voleyourense e o conxunto local, o AD Xiria Asesoría Cervantes. As ourensás son as grandes favoritas, logo de chegar invictas á pelexa polo título, pero as locais farán todo o que estea nas súas mans para, apoiadas pola súa afición, chegar á final autonómica.

Fase de Ascenso a Primera Nacional

Además, por tercer año consecutivo, las chicas del Equipo Senior disputarán la Fase de Ascenso a Primera Nacional el próximo de mes de Mayo.

Este año se disputará en Ourense, organizada por Club Voleibol Ourense.

Primera semifinal femenina

CV Bruxas e CV Zalaeta serán os primeiros en enfrentarse por un billete na final autonómica a partir das 10.00 horas. Os dous equipos mantiveron un pulso durante a liga regular pola segunda posición, que finalmente gañou o CV Bruxas con dúas vitorias máis que as coruñesas. Pese a todo, durante a liga o Zalaeta gañou o primeiro encontro e as de Ames o segundo, polo que o verdadeiro desempate chegará na xornada do domingo.

Ás 17.00 horas comezará o encontro pola medalla de bronce e a partir das 19.00 horas decidiráse o campión galego, que recollerá o seu flamante trofeo a partir das 21.00 horas do domingo.

Rianxo, sede masculina

O torneo masculino arrincará ás 10.00 horas da mañá do sábado no Pavillón Municipal de Rianxo coa primeira semifinal entre Asesores Vilacastro e Calasancias Coruña. Os ourensáns finalizaron en segunda posición a liga regular, e os coruñeses foron terceiros a tan só dous puntos dos seus rivais. Ademáis durante a campaña os dous partidos que disputaron foron para o Asesores Vilacastro pero con parciais moi apertados de 3-2 e 3-1, polo que a emoción está garantida neste encontro de apertura.

Posteriormente chegará o momento do anfitrión, o Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo, que buscará tirar do factor cancha para superar ao favorito e gran dominador da liga regular, o Jealsa Boiro Voleibol, que rematou con sete vitorias e unha única derrota.

Pola tarde, ás 17.00 horas terá lugar o choque polo terceiro e cuarto posto e ás 19.00 horas comezará a final que decidirá quen levantará o trofeo autonómico na entrega de premios das 21.00 horas que pechará a competición.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: