Caldaria Voleyourense, campión invicto da Primeira División

O pasado fin de semana chegaba ao seu fin a liga regular nas Primeiras Divisións Autonómicas, cos derradeiros partidos, aprazados, por disputar.

Cumpríronse os pronósticos e o Caldaria Voleyourense, que xa era campión matemático desta fase a falta de dous partidos por disputar, logrou ademáis por segundo ano consecutivo, facelo invicto tras superar a Dompa Gestión e CVP Alianza Española de Seguros.

O Caldaria Voleyourense volve a facelo. Por segundo ano consecutivo o equipo ourensán proclámase campión da fase regular con todos os partidos contados como vitorias. Quedaban dous choques para certificar a xesta e o Caldaria non fallou.

O venres as campionas recibiron ao CVP Alianza Española de Seguros, e a pesar da insistencia do equipo pontevedrés, que tras un 2-0 inicial (25-20/25-18) non se rendeu e logrou manterse con opcións no terceiro (15-25), o Voleyourense non permitiu nin unha mancha no seu expediente, pechando no cuarto 25 a 21.

Coa mesma determinación asumirían o derbi do sábado ante o Dompa Gestión, a quen deixaron sen opcións en tres sets moi claros dominados polo Caldaria (14-25/12-25/17-25).

Ese mesmo día o Dompa puido resarcirse da derrota, superando no Pombal pola tarde ao XAV Cambados por 3 sets a 1. Cun 2-0 en contra (18-25/15-25) as cambadesas resistíronse e seguiron pelexando por evitar a derradeira praza da táboa, pero tras un breve dominio local (25-18) o Dompa pechou a contenda 17 a 25.

Este resultado, e a vitoria do Maxi Pedroso San Sadurniño ante o Xuvenil Teis nun igualadísimo quinto set (15-25/25-21/25-22/26-28/16-14) relega ao XAV Cambados a pelexar pola permanencia na segunda fase da competición, mentres que o conxunto ferrolán entra na loita polo título cos outros oito equipos participantes.

Os cruces desta segunda fase comezan este mesmo fin de semana e xa se poden consultar os partidos na páxina web da FGVB (apartado de “competicións”).

O Jealsa Boiro, campión masculina, cunha única derrota

Tamén era coñecido xa o campión masculino, Jealsa Boiro Voleibol, que lidera a Primeira con sete vitorias e unha derrota. Tan só quedaba por determinar a súa posición o Calasancias Coruña, que finalmente chega á segunda fase dende a terceira praza (por baixo do Asesores Vilacastro), tras superar en tres parciais ao Mesón A Granxa San Sadurniño.

 

Tamén está xa preparada para comezar a segunda fase da Primeira Autonómica Masculina, que pechaba a fase regular co Jealsa Boiro Voleibol como campión, con sete vitorias e unha derrota, seguido do Asesores Vilacastro con cinco triunfos e do Calasancias Coruña que o pasado fin de semana sumaba a súa cuarta vitoria cun claro 3-0 ante o Mesón A Granxa San Sadurniño (25-16/25-20/25-11).

Os de San Sadurniño rematan na derradeira posición por baixo do Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo (con catro partidos gañados), e sen ter logrado unha vitoria no que vai de tempada.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: