Es noticia Voleibol 

Boa actuación do Campus de Ourense no intercampus de voleibol

Campionato Universitario Voleibol

Este martes o equipo Universitario Mixto de Voleibol tivo que viaxar a Pontevedra, para loitar por un posto en representación da Universidade de Vigo. Neste encontro tivo que xogar dous partidos o primeiro contra o equipo Mixto de Pontevedra e logo contra o equipo Mixto de Vigo.

Equipo de voleibol del Campus de Ourense
Equipo de voleibol del Campus de Ourense

O equipo Universitario de Ourense estaba representado por 8 mozas 3 mozos, sendo por primeira o campionato mixto onde segundo a normativa da universidade de Vigo o mínimo que tenia que ter no campo de xogo eran dúas mozas e 4 mozos e inscritos no equipo mixto mínimo 4 mozas.

O primeiro rival do Campus de Ourense era o Campus de Pontevedra que estaba representado no campo 3 mozas e 3 mozos que xogara anteriormente contra o Campus de Vigo e habia perdido. O Campus de Ourense salio ao campo con 4 mozas e dous mozos. Desde o primeiro momento o Campus de Ourense salio con ganas de demostrar o que sabían e cun bo xogo xa que atopaban fluidez e ideas no ataque, sen case cometer erros, asi con este xogo levaron o primeiro set con diferenza.

No segundo set o Campus de Pontevedra rectifico os seus erros mentres que o Campus de Ourense non atopaba o seu xogo de ataque que tivese anteriormente isto levo a ter moitos erros en ataque e non ser precisos en conxunto, co que levo a que o Campus de Pontevedra collese unha gran vantaxe e chegando ao final do set con vitoria para o Campus de Pontevedra.

O terceiro set e definitivo comezou moi igualado onde os puntos eran longos, pero aos poucos o Campus de Ourense puido coller unha distancia e volver atopar o bo xogo, isto levo ao final coa vitoria do set e do partido.

Agora ao Campus de Ourense tocáballe xogar contra o mais duro o Campus de Vigo xa que neste equipo atopábanse varios xogadores masculinos de superliga e outros que limitaran noutras ligas. Mentres que no Campus de Ourense os mozos eran iniciados en voleibol.

Ao principio de set o Campus de Vigo saco o seu equipo de gala cos mellores xogadores xogando con 4 mozos e 2 mozas ante o equipo Ourensano que seguía xogando con 4 mozas e 2 mozos, desde o principio Vigo quixo demostrar a súa gran superioridade atacando forte con ataques desde moi alto para picar o balón o mais para abaixo posible, isto fixo que o equipo do Campus de Ourense intentase salvar todos os seus ataques, pero o poderío fisico dos mozos de Vigo fixo que o equipo de Ourense non puidese levantar a cabeza o primeiro set perdéndoo.

No segundo set o equipo de Vigo comezou moi forte pero o equipo Ourensano demostrou moita mais solidez na defensa e facendo dano no ataque, isto fixo que o set fose mais igualado e loitando cada punto, pero finalmente uns erros de precisións fixo perder o partido aos Ourensanos por un 21-25.

Finalmente o equipo do Campus de Ourense quedou cos beizos no mel quedandose en segundo posto e fóra de poder elixir aos equipos masculino e femininos individualmente para representar á Universidade de Vigo. Pero dicindo que foi o único equipo deste ano que foi capaz de xogar con 5 mozas nalgúns intres longos e un mozo, dando moita guerra aos demais equipos que xogaban con 3 ou 4 mozos en campo.

Noticias relacionadas