Es noticia Voleibol 

O Barco de Valdeorras acolleu a Copa Deputación de Volei Praia

A Copa Deputación no Salgueiral foi o inicio do Circuito Galego das Categorías Inferiores

XXII Edición da Copa Deputación de Ourense de Volei Praia

O pasado fin de semana celebrouse en O Barco de Valdeorras a XII Edición da Copa Deputación de Ourense de Volei Praia que ademáis serviu para arrincar este verán o Circuito Galego das Categorías Inferiores.

O Salgueiral abriu a competición o sábado coas categorías infantil e Sub 19 femininas. Entre as máis experimentadas as vencedoras foron Emma Ordoñez e Sabela Moreno do Barraña VP e o Club Volei Praia Vigo respectivamente.

Tras solventar sen problemas os encontros previos, Emma e Sabela confirmaron a súa condición de favoritas cunha gran actuación en semis ante a parella Pajuelo/Piñón, do V Coruña (21-8/21-8).

Na final agardábanlles Lucía Prol e Aitana Fernández, do Emevé que á súa vez superaran nas eliminatorias a Freire/Jiménez (COVP) en dous igualados parciais que remataron 21-18 e 22-20.

Na loita polo primer trofeo da tempada Emma e Sabela comezaron forte, cun 21-13 na primeira manga que parecía encamiñar fácilmente o encontro, pero Lucía e Aitana recompoñíanse no segundo parcial para dar loita ata o tramo final que deu a vitoria ás primeiras pero pola mínima, 21 a 19.

Ao podio subiron en terceira posición as ourensanas Cristina Freire e Andrea Jiménez que venceron a consolación en dous parciais (21-18/21-13) ante Laura Pajuelo e Elena Piñón.

Ese mesmo día foi especialmente emocionante a competición infantil, onde xa se comezan a vislumbrar as grandes promesas do volei praia autonómico. Nesta categoría as mellores foron Lucía Ferreiro e Elba López. As do V. Sada venceron ás súas rivais Ordoñez/Calo nun encontro que foi especialmente emocionante na súa recta final (21-10/26-24) e posteriormente enfrentáronse na final ás súas compañeiras de equipo Sandra Castro e Carlota Vilariño, clasificadas tras vencer nun igualado choque (2-1) a Burgo/González.

A final tamén foi igualada e a pesar de que Sandra e Carlota pegaron primeiro (14-21), Lucía e Elba foron quen de recuperarse e voltar á pista con forzas renovadas para empatar (21-19) e levar un disputadísimo tie break por 16 a 14.

Estas dúas parellas compartiron podio con Ainara Burgo e Carmen González, do Emevé, que superaron con solvencia a Sara Ordoñez e Helena Calo, do Barraña VP por 21-15 e 21-11.

Así concluiu a xornada inicial do campionato para dar paso o domingo ás categorías alevín e cadete.

No apartado cadete, o único con competición masculina neste torneo, a igualdade foi máxima e o gran nivel amosado en O Barco augura un Circuito emocionante ata a derradeira proba.

Os vencedores foron Douglas Ribas e Yago Rodríguez-Toubes. Os do Club Vigo Voleibol clasificáronse para a gran final tras vencer en dous sets a Roi Losada e Pablo Allegue (CDPF) nun intenso pulso que se decidiu sobre todo na recta final do primeiro set (24-22/21-15).

Para subir ao máis alto do podio tan só lles quedaba vencer a Bran Bugarin e Gonzalo Reverte (CDPF) que apearan na súa eliminatoria a Molares/Loureiro (C Vigo), pero non foi tarefa sinxela.

De feito os xogadores do club coruñés foron os primeiros en adiantarse, aínda que pola mínima 19 a 21. Pero os vigueses reaccionaron a tempo para empatar no segundo 21 a 15 e levar a máxima igualdade a un tie break de infarto que finalmente lles foi favorable no 15-13.

O bronce sería para Losada/Allegue, que gañaban o pulso a un set, 21-17 ante Miguel Molares e Javier Loureiro.

Torneo feminino

Non menos emoción tivo o torneo feminino, no que as tres parellas cabezas de serie coparon o podio final e protagonizaron partidos de gran nivel.

O primeiro posto foi para María Pedreira e Laura Vázquez, do V. Sada que tras superar con moita solvencia a Inés López e Tamara Bembibre (COVP) en dous sets (21-5/21-6), tiveron que aplicarse na final ante dúas rivais duras de roer como Clara Barrios e Carla Míguez (VP Riazor)

As do VP Riazor superaran previamente unha esixente eliminatoria ante Cristina Freire e Andrea Jiménez que rematou en tie break (21-12/22-24/15-11), e o mesmo nivel de competitividade guiou a final ante as sadenses.

Clara e Carla dominaron o set inicial, 15 a 21, pero a resposta de María e Laura foi contundente no segundo asalto, finalizado con marcador de 21 a 8. O momento da verdade levaba a máxima emoción á morte súbita, na que calquera dos dous conxuntos podía facerse co torneo, pero nos últimos tantos Pedreira e Vázquez foron mellores e sentenciaron 15 a 13.

O bronce sería para Freire/Jiménez tras superar a López/Bembibre 21 a 11 na consolación.

Por último tamén foi un día de diversión para as máis cativas. As rapazas de categoría alevín tiveron o seu primeiro contacto coa praia e emosaron que teñen aptitudes e actitude de sobra para convertirse en grandes xogadoras no futuro. Nunha xornada lúdica, e apoiadas pola afición como en todas as categorías, destacaron sobre a area as parellas Bussieres/Bussieres, Estévez/Basalo e Pérez Velasco, que subiron aos caixóns do torneo por esa orde.

Na entrega de trofeos estiveron presentes Tino Alonso, Concelleiro de deportes de O Barco e Juan Anta, Diputado Provincial de Ourense.

Tras dúas intensas, emocionantes e calorosas xornadas de volei praia, clausurábase o domingo unha nova edición dun clásico do verán, grazas ao apoio constante do Concello barquense e a Deputación de Ourense, así como a figura de Toño García, que coa sua labor en O Barco de Valdeorras está de forma permanente potenciando o voleibol na bisbarra.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: