Asesores Vila Castro e Dompa Xestión sin victorias en la jornada de voleibol

Nova xornada na segunda División, que no apartado masculino segue baixo o dominio do Fisioterapia Cinesia Noia, invicto aínda, tras superar en tres parciais ao Asesores Vilacastro o pasado fin de semana. Na mesma categoría, sumaban a primeira vitoria da tempada o Redesyl Boiro Voleibol, que gañaba ao Voleibol Dumbría por 3 sets a 1, e tamén o Xiria Volei, que se facía co quinto set ante o CVP Gómez Lor Multiópticas.

Voleibol-2014

Pola outra banda, no apartado feminino o CVP Alianza Española Seguros recuperaba o segundo posto da clasificación xeral tras vencer ao XAV Cambados en tres sets moi claros. Tamén o CV Zalaeta afianzaba a súa posición na cabeza da táboa despois de desfacerse dun rival directo, o Ibericar Turbotracción Xuvenil Teis, por 3 a 1. Pechando a lista de gañadores atópanse o Jealsa Boiro Voleibol, que gañou en tres parciais ao Dompa Gestión, e o CV Bruxas, que fixo o propio co Emevé, por 3 a 1.

Segunda División Masculina

A oitava xornada na Segunda División Autonómica masculina deixa a clasificación, unha vez máis, baixo o liderato do Fisioterapia Cinesia Noia. O completo xogo dos locais, impediu a resposta do Asesores Vilacastro nos primeiros parciais, resoltos por 25-20 e 25-16. Tan só no terceiro set os ourensáns tiveron a oportunidade de sorprender aos de Noia, pero o bloqueo do Fisioterapia resolvía o encontro 25 a 23 nesta manga.

Foi ademáis un fin de semana de estreas, xa que tanto o Redesyl Boiro Voleibol, coma o Xiria Volei, inauguraban o casilleiro de vitorias.

Os de Carballo protagonizaron xunto ao CVP Gómez Lor Multiópticas un dos encontros máis axustados da xornada, que tras catro igualados sets (22-25/25-22/19-25/25-20), repartidos entre un e outro lado da rede, finalizaba nun apertado tie break resolto no 12-15 para os do Xiria.

Por último chegaban o pasado fin de semana os tan ansiados primeiros tres puntos da tempada para o Redesyl Boiro Voleibol, que se impoñía 3 a 1 ante o Voleibol Dumbría.

Os da Costa da Morte víronse superados polo arranque do equipo boirense, que anotaba o primeiro set 17 a 25. Sen embargo, no segundo eran os do Redesyl os que se vían sorprendidos pola reacción do Dumbría que conseguía empatar o partido 25 a 18. A partir de entón o equipo de Boiro botou man das armas que lle deran a vitoria no primeiro set, con gran nivel de saque e bó rendemento na rede para dominar o resto do encontro e pechalo 15-25 e 18-25.

Segunda División Femenina

No apartado feminino, a pasada xornada albergou un duelo directo entre dous equipos da zona alta da táboa. Ibericar Turbotracción Xuvenil Teis e Zalaeta enfrentáronse en Vigo, coa vitoria final das herculinas por 1 a 3.

As coruñesas comezaron dominando por completo o partido cun claro primeiro set no que deixaron ás olívicas en 13 tantos, e a pesar da reacción das de Teis, que chegaron a empatar o encontro no segundo 25 a 21, o Zalaeta dominou a maior parte do choque, pechándoo por 19-25 e 23-25 no terceiro e cuarto set.

Con este triunfo, o equipo do Instituto colócase na terceira posición, por detrás do Caldaria Voleyourense e o CVP Alianza Española de Seguros, que recupera a segunda praza tras reencontrarse coa vitoria o pasado fin de semana ante o XAV Cambados.

As pontevedresas foron moi superiores durante os tres xogos disputados contra as cambadesas, que apenas tiveron opcións ante o bó xogo rival (25-17/25-15/25-20).

Tamén foi clara a vitoria do Jealsa Boiro Voleibol fronte o Dompa Gestión, en tres parciais que poñen en evidencia a superioridade das barbancesas neste partido: 13-25/19-25/18-25.

Por último, anota unha nova vitoria o CV Bruxas, que superou ao Emevé por 3 a 1. Os comezos do partido foron especialmente igualados, cun primeiro set para as lucenses por 29-27 e o segundo para as de Ames por outro axustado 25-27, pero tras un crucial terceiro set que levou o Bruxas nos últimos tantos por 23 a 25, o partido quedou prácticamente decantado para as santiaguesas, que sentenciaron no cuarto 13 a 25.

 

Noticias relacionadas