Triatlon 

Leiro recibe o triatlón Aviaman 2017 o vindeiro 11 de xuño

Triatlón Aviaman 2017

O vindeiro domingo 11 de xuño celebrarase o triatlón AVIAMAN 2017 que percorre os concellos de Leiro e Avión.

Natación

O sector natación componse dun percorrido 1,2 km no río Avia ao seu paso pola localidade de Leiro e os triatletas teñen que completar 2 voltas ao circuito que vai da ponte A Ponte da Esperela hasta a Ponte Colgante.

Ciclismo

A peculiar e dura proba de ciclismo de 65km do Aviamán cun desnivel acumulado de preto de 2.000m, dende Leiro pasa polo Balneario de Berán para subir a Pena Corneira, dende ahí diríxese ao Concello de Avión cunha rápida baixada, xa no núcleo de Avión, repeito e última baixada antes de comezar a subida dende Abelenda hasta a exixente ascensión ao porto dos Xarotos, na Serra do Suido nos límites coa provincia de Pontevedra, con rampas que chegan ao 20% e unhas fermosas vistas durante todo o ascenso.
Unha vez coronado o porto toca baixar novamente ao núcleo de Avión para afrontar novamente a ascensión a Pena Corneira e unha vez ahí o que queda e baixar hasta Leiro.

Carreira a Pé

A carreira a pé consiste en 3 voltas a un percorrido de 14 km pola ribeira do Avia ao seu paso por Leiro, casi totalmente plano e no que o 80% transcurre sobre terra, con bastante sombra das árbores o que e de agradecer.

Sábado 10 de xuño

  • Dorsáis 18:00 a 20:00 zona meta

Domingo 10 de xuño (proba)

  • Dorsáis 06:30 a 08:00 zona meta
  • Control material 7:30 a 8:30
  • Charla técnica 8:35 zona boxes
  • SAÍDA 9:00
  • Tempo corte ciclismo(Pena Corneira qm. 58 aprox.) 13:00
  • Tempo corte 14:30
  • Apertura boxes(retirada material) 14:30
  • Entrega trofeos 14:35 zona meta
  • Xantar 15:00

Premios económicos

Trofeos para o tres primeiros clasificados/as de cada categoría.

  • 1º Clasificados masculino e feminina: 150,00 €
  • 2º Clasificados masculino e feminina: 100,00 €
  • 3º Clasificados masculino e feminina: 75,00 €
  • 1º Clube Clasificado (masculino e feminino): 100,00 €

Premios aos mellores parciáis

  • Para o mellor tempo de cada parcial.
  • Compensación á categoría feminina do 13% do seu tempo na carreira a pé e ciclismo.
  • En natación non haberá compensación.
  • É necesario acabar o total da proba para optar a eles.
  • Non serán acumulativos, é dicir, o triatleta que leve 2 ou 3 parciais deberá decidir que agasallo quere e dese modo o 2º mellor tempo do parcial ou parciais que non escolleu levará o agasallo.

Sorteos

Entre todos os participantes sortearanse premios durante o xantar.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: