Seleccion Remo e PiraguismoDestacado Es noticia Remo 

O Presidente da Deputación visita en Laias ás seleccións españolas de remo e piragüismo

O presidente da Deputación visitou hoxe no Cerlac aos deportistas e adestradores, que desenvolven os seus programas preparatorios de campionatos mundiais e olimpíadas nun dos lugares de adestramento considerado entre os mellores do mundo para estes deportes.

Seleccion Remo e Piraguismo

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe no Cerlac, no balneario de Laias, ás seleccións españolas de remo e piragüismo, que están a realizar neste centro de adestramento os seus períodos preparatorios cara as vindeiras competicións internacionais. Nas conversas que mantivo cos deportistas e co corpo técnico de ámbalas dúas seleccións, estes trasladáronlle “o alto grao de satisfacción” polas infraestruturas deportivas e de servizos que, co impulso da Deputación de Ourense, teñen convertido a este centro de adestramento nun dos mellores do mundo para estes deportes.

Neste sentido, o presidente do goberno provincial salientou que estamos “diante da consolidación do Cerlac, unha posta da Deputación de Ourense, cuxa magníficas instalacións sitúan neste caso a Laias como referente para o adestramento de equipos e seleccións internacionais de remo e piragüismo, e o feito de que estea aquí a selección española supón completar ese grande elenco de participantes que inclúe a países como Australia, Holanda, Bielorrusia, Ucraína, e equipos que virán, como México, China ou Francia, que realizarán nestas instalacións os seus períodos preparatorios”.

Baltar afirmou que estamos ante a “ONU do remo e do piragüismo, equipos que comproban a excelencia destas infraestruturas e volven novamente, porque, como asegura Luis Brasero, o adestrador nacional, imponse a obxectividade da lámina de auga que temos aquí, inmellorable para levar a cabo o traballo destas especialidades deportivas”. “Unha lámina de auga –destaca o presidente da Deputación- incomparable, que non existe en ningures e que coloca a Ourense no cumio dos lugares de ámbito internacional para preparar competicións de alto nivel”.

Tralo encontro con deportistas e técnicos das seleccións españolas, Manuel Baltar salientou que esta aposta, “que cualificamos no seu momento como “termalismo deportivo”, é unha realidade que entra dentro dese ecosistema de “turismo deportivo” que presentamos días pasados en Fitur, que abrangue auga e tamén neve, coa estación de montaña de Cabeza de Manzaneda, xunto con automobilismo, ciclismo ou probas de atletismo, todas elas que sitúan a Ourense como un territorio propicio para a celebración de probas das máis esixentes do calendario deportivo”.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario