Destacado Es noticia Piragüismo 

400 deportistas inscritos no Campionato Galego de K2/C2 no encoro de Velle, en Coles

Campionato Galego de Inverno K2/C2 de piragüismo

O encoro de Velle, en Barra de Miño (Coles), acolle o vindeiro 13 de abril, a partir das 10.00 horas, o Campionato Galego de Inverno K2/C2 de piragüismo, un evento que conta coa colaboración da Deputación de Ourense e no que se darán cita máis de 400 deportistas de 35 clubs. Organizado pola Federación Galega de Piragüismo, Fluvial Allariz e o Concello de Coles, “este campionato é a terceira vez que se celebra neste municipio, acadando nas anteriores edicións un éxito de público e participantes”, destacou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, na presentación que tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, salientando “a grande afección que existen nesta especialidade deportiva, que conta cun importante número de participantes na categoría de veteranos”.

Presentación da Sala de Xuntas do Pazo Provincial o Campionato Galego de Inverno de K2/C2 a disputar en Barra de Miño (Coles). Asisiten Rosendo Fernández (VicePresidete Deputación), Manuel Rodríguez (Alcalde de Coles), Manuel Pérez (Representante da Xunta de Galicia), José Manuel Fernandez (Presidente do Piragüismo Fluvial Allariz) e Bernandino González (Asesor deportes da Deputación de Ourense).

O alcalde de Coles, Manuel Rodríguez, remarcou “a importancia deste acontecemento deportivo para o municipio” e agradeceu o apoio público e privado para o desenvolvemento da proba, mentres que o presidente de Fluvial Allariz, José Manuel Fernández, dixo, no aspecto técnico, que a lámina de auga e as condicións ambientais do encoro de Velle “son excelentes para competir”. Pola súa banda, o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, puxo en valor a importancia da cooperación entre institucións, “que favorece que Ourense sexa unha gran plataforma para o deporte”, e o coordinador do programa “Xogade”, Manuel Pérez, subraiou a aposta da Secretaría Xeral para o Deporte polo piragüismo, “que está a acadar uns niveis do máis destacado”.

Noticias relacionadas