Novedosa sección de Deportes electrónicos na U.D. Ourense

Publicado por: U.D. Ourense

No xornada de onte foi presentada a nova sección de deportes electrónicos da U.D. Ourense.

Foron presentadas as 3 seccións de deportes electrónicos (League of Legends, Overwatch e FIFA), e desputáronse dous pequenos torneos (FIFA e League of Legends) nos que se poideron ollear ós novos xogadores e nos que a diversión estivo asegurada.

No acto, interviu Modesto García Puga, presidente da UD Ourense, presentando a Penélope Dacasa Fondado e Alejandro Domínguez Lamela, como directores xerais da sección de deportes electrónicos, que a súa vez, presentaron ós 2 equipos xa oficiais. No caso de League of Legends (LOL), contouse coa presenza dos xogadores Ourensáns, Daniel González Domínguez “Im Antizero” e Pablo González Rodríguez “Peiboll”, e o técnico do equipo Tomás Campelos “Melzhet”. Tamén se presentou ó equipo de Overwatch, que tamén xa oficial.

En EA SPORT de FIFA, presentouse a José Luis Mancebo Deza como Manager e responsable da sección.

As probas de selección comezarán próximamente. Con elas, preténdese chegar a todos os ourensáns amantes deste simulador futbolístico, co fin darlle a opción de entrar formar parte da sección do club. En breves, arrancarán as probas e coñecerase mais información.

En League of Legends e Overwatch,  xa están a competir en ligas amateurs, preparando a pretempada, xa que no mes de xullo arrancarán a sua participación nos clasificatorios para as competicións profesionais.

Os Torneos, todo un éxito

Ademais da presentación, levouse a cabo un campionato FIFA e 1 vs 1 a LOL.Os torneos servíronlle como escaparate aos coordinadores de ambas modalidades e foron muoitos os que se interesaron por formar parte do equipo, prescribíndose para as probas.

En FIFA EA SPORTS participaron 32 xogadores, chegándose a pechar a inscripción aos 5 minutos (éxito rotundo). Edu fíxose co título, levándose como premio un formidable pack xentileza de Bermello (mando, cascos e un pase para xogar online de PS4). Anxo, que foi segundo, levouse unha estraordinaria fin de semana a un dos balnearios dos nosos amigos de Caldaria.

En League of Legends, participaron 20 xogadores, que se enfrentaron ós xogadores da sección oficial do club. 4 conseguiron batilos nun combate 1v1 chegando á final, na que resultou gañador Borja, que recibió un pack de gamer (cascos, teclado, mando e rato). Pablo que foi segundo, contou con 40 euros da moeda de League of Legends.

Gran afluencia de público nunha xornada lúdica e moi activa na que afeccionados e afeccionadas non quixeron perder a oportunidade mostrar as súas dotes nos deportes electrónicos.
Moitos curiosos tampouco perderon detalle. Os speakers, amenizaron a xornada electrónica facendo partícipes a todos aqueles que se achegaron.

A UD Ourense continúa avanzando no seu camiño de emprendemento e chegar a novos ámbitos deportivos e sociais. Onte quedou amosadapor parte da entidade a firme aposta polo futuro, que presentou a súa sección de deportes electrónicos e EA Sports, que comenzarán as competicións profesionais a partires do mes de xullo.

 

Enlace con la noticia original: Presentación da nova sección de Deportes electrónicos

 

Relacionado con: : , ,

 

Sobre el autor

Mas entradas por

 

 

 

Comentar

required

required

optional