Máis de 20 propostas para o público infantil no Auditorio de Ourense

A programación infantil do Auditorio achegará ata maio máis de 20 propostas para os nenos e as nenas de Ourense

auditorio_municipalA Concellería de Cultura do Concello de Ourense dá continuidade un ano máis á programación infantil do Auditorio municipal, que cada semana seguirá achegando á cidade novas propostas coas artes escénicas para os nenos e as nenas de Ourense.

Dende o mes de xaneiro ata maio serán un total de 24 os espectáculos que acollerá o Auditorio de Ourense, cunha oferta que combina o teatro de actor cos monicreques, o ballet ou os musicais.

Cada semana os nenos e as nenas de Ourense terán a oportunidade de asitir alomenos a un espectáculo dirixido a eles e elas.

A programación do ano comezou os días 4, 9 e 11 de xaneiro, coa representación de «Cantigas da estrela», de Magín Blanco, «La magia de los cuentos», do Ballet de Cámara Nacional de Ucraína e «Zampón, o lambón», de Fantoches Baj.

As próximas citas serán as seguintes:

18 de xaneiro, 12:00h «Donde viven los monstruos», de Sueños de Humo Teatro
25 de xaneiro, 12:00h «Víctor y el monstruo (Frankenstein)», de Magín Blanco
1 de febreiro, 12:00h «O espello de Francisquiña», de Danthea Teatro
7 de febreiro, 17,30h «El fantástico mundo de diVERPLAY!», a cargo de Diverplay
8 de febreiro, 12,00h «Kibubu», de Marie de Jongh
13 de febreiro, 19,00h «Tarzán», de El Musical
15 de febreiro, 12:00 e 17:30 h «Durme, Roque, durme», de Baobab Teatro
22 de febreiro, 12:00h «Laboratorio máxico», de Cía Mundo Mandarina
28 de febreiro, 18.30h «Vaia circo», concerto familiar de Odaiko
1 de marzo, 12:00 e 17:30h «O souto dos prodixios», de Producións Disperas
8 de marzo, 12:00h «Ra ra ra», de Abrapalabra Creacións Escénicas
15 de marzo, 12:00h «La vuelta al mundo», de Teatro Garakada
22 de marzo, 12:00h «Antía, Wamba e o ritmo no camiño», de A tropa de trapo
29 de marzo, 12:00h e 17:30h «Chios», de teatro da Semente
5 de abril, 12:00h «Se eu fose maior…», de Katarsis
12 de abril, 12:00h «Cocido sinfónico», de Os tres tenedores
19 de abril, 12:00h «Xeado de lúa», de Títeres Cachirulo
26 de abril, 12:00h «Papiroflexias!», de Nelson Quinteiro
3 de maio, 12:00h «El niño erizo», de La machina Teatro
10 de maio, «Aladdin», de Teatro Garakada
17 de maio «fEO!», de Caramuxo Teatro

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: