• Recaeron na Dirección Xeral de Formación Profesional, COPASA, Torre de Núñez, Unidade de Oncohematoloxía do CHUS e no profesor Francisco José Pena

“Paixón polo cliente”. Este é lema de hoxe, Día Mundial da Calidade, que Expourense celebrou un ano máis organizando unha Xornada de Exaltación que incluíu a entrega da 4ª edición dos Premios “Líderes en Calidade” a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente. Esta xornada enmárcase nos actos da XX Semana Europea da Calidade.

As entidades premiadas na xornada de hoxe foron::

– Sector Agrolimentario: Torre de Núñez (Lugo).

– Sector Sociosanitario: Complexo Hospitalario universitario de Santiago: Unidade de Oncohematoloxía (A Coruña).

– Internacionalización: S.A. de Obras y Servicios, COPASA (Ourense).

– Educación: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

– Traxectoria Profesional: Profesor Francisco José Peña Castiñeira pola súa proxección da Educación Medioambiental.

A entrega de premios estivo presidida polo conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, que indicou que “que a calidade supón un compromiso coa cidadanía, un xeito de render contas con dúas finalidades principais: dunha banda a que se refire á transparencia e, doutra, a que atinxe á racionalización do uso dos recursos, tomando decisións tendo en conta o seu impacto social.”. No referente ao premios entregado á Dirección Xeral de Formación Profesional, pertencente á consellería que dirixe comentou que “este galardón é un impulso ó noso esforzo para garantir o requisito de mellora continua no ensino que nos demanda a sociedade. Queremos protocolarizar o sistema de ensino”.

O conselleiro estivo acompañado por membros do Comité Executivo da Fundación de Expourense como o seu presidente, Juan Carlos Parada, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, e o vicepresidente da CEO, José Manuel Díaz. Participou ademais o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

Experiencias en calidade

Esta xornada deu comezo cunha mesa redonda na que participan tres recoñecidos profesionais no eido da calidade que analizarán o tema deste Día Mundial da Calidade “Paixón polo cliente. A enerxía que move os sistemas de calidade empresarial”. Participarán o director xeral do Grupo HPS, Manuel Galán; o director territorial de AENOR, Martín Pita e o director xerente de Expourense como entidade que promove o único acto celebrado en Galicia con motivo deste día, Alejandro Rubín.

A continuación, as empresas premiadas presentaron a súa experiencia no uso de modelos de xestión da calidade e medioambiente.

SECTOR SANIDADE: UNIDADE ONCOHEMTAOLOXÍA DO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO, CHUS: “Este premio é recoñecemento ó noso labor diario e é un estímulo para seguir aprendendo e innovando para achegar aos pacientes unha atención de calidade e libre de riscos”, con estas palabras agradecía o premio Nieves Mayo Bazarra, supervisora da Unidade de Hematooncoloxía do CHUS. A atención aos pacientes, áxil e libre de complicacións foi un dos motivos valorados polo xurado. “Atendemos a 740 pacientes cada mes. O noso principal obxectivo é xerar máis confianza no sistema sanitario por parte dos pacientes”, afirmou Mayo Bazarra. Na actualidade, só sete centros de toda España teñen a certificación acadada pola Unidade de Hematoncoloxía. O compromiso en materia de calidade do CHUS ven de lonxe e abrangue tanto ó ámbito asistencial coma o non asistencial. No 2005 conseguiron a súa primeira certificación en calidade para o seu servizo de Medicina Nuclear, ó que posteriormente foron engadindo outros como os dos servizos de compras, o pago a provedores ou o servizo de Farmacia. Ademais, acaban de certificar o seu Sistema de Xestión de Riscos do Paciente imprantado no hospital de día de oncohematoloxía segundo a norma UNE 179003:2010, orientado a reducir os riscos aos que están sometidos os pacientes ó seu paso polo sistema sanitario e que xa se converteu nun modelo a seguir por outros centros semellantes.

– SECTOR AGROALIMENTARIO: TORRE DE NÚÑEZ: “Agradecemos este premio porque nos axuda a sentirnos acompañados no camiño que comezou o fundador da empresa que tivo o soño de que o xamón galego recupere o sitio que tivo durante máis de cinco séculos  nas mesas de toda España”. José María Santos Rodríguez, director comercial de Torr de Núñez, foi o encargado de presentar a traxectoria da empresa que traballa baixo o lema “saber e sabor” que conseguiu que a metade dos galegos teñan probado os produtos de Torre de Núñez e un 38% os consumen cada semana”. “O noso sistema de calidade mellorou o noso posicionamento á hora de abrirnos ó mercado internacional”. Acaban de gañar o Great Taste Awards no Reino Unido -coñecidos como os Óscar da alimentación mundial- onde este ano Torre de Núñez obtivo dúas Estrelas de Ouro. Esta empresa conta coa certificación ISO 9001:2000 de Sistemas de Xestión de Calidade, está adscrita á Marca de Garantía “Galicia Calidade”. No ano 2011 a empresa foi incluída na Lista Marco para facilitar a exportación dos seus produtos a terceiros países e obtivo os certificados sanitarios necesarios para exportar a Brasil e Xapón. Agora, en 2014 acaba de obter o certificado IFS para a súa planta de xamóns do Corgo e que lle permite exportar a Alemaña, Francia, Italia e Holanda. Trátase dun certificado imprescindible para a comercialización no sector da alimentación con varios países europeos.

    SECTOR EDUCACIÓN: DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA: “A calidade fai que queiramos ser mellores, iso é a calidade e iso é o que pretende”. Así definía a calidade, o xefe de servizo de Xestión da Dirección Xeral, José Antonio Jardón. “Na actualidade todos os centros integrados de FP contan cun certificado único, que garante un modelo común de xestión. Pero trátase dun sistema flexible para que os centros poidan adaptalos ás súas peculiaridades. O obxectivo final é conseguir que os profesores ou alumnos poidan elaborar as súas propias propostas na mellora da excelencia na educación”. Indicou que detrás deste premio está “o traballo dun montón de persoas: xestores, profesores, pais e nais e alumnos e alumnas”.

Na actualidade, a súa Rede de Centros Integrados de Formación Profesional conta con 19 centros certificados en calidade coa norma ISO 900. Isto sitúa a Galicia como a primeira comunidade española en número de centros públicos de F.P. certificados. Este premio ven recoñecer o esforzo e a implicación total co alumnado que neste caso é o destinatario final de todas as accións desenvoltas en favor da calidade.

PREMIO Á INTERNACIONALIZACIÓN: S.A. de Obras y Servicios, COPASA: O premio foi recollido pola responsable de xestión de procesos de Calidade, Medioambiente e I+D+i, María Jesús Fernández González, que indicou que “para nós é un estímulo o respecto ó medioambiente e a mellorar os nosos procesos de traballo, tamén nas actividades de internacionalización”. Esta empresa apostou pola internacionalización como sistema para facer fronte á crise económica e á redución de actividade no territorio español. Conta con oficinas en 8 países que xestionan obras en toda América Latina,Europa, África e Oriente Medio. O Sistema de Xestión de Calidade e Medio Ambiente de COPASA está baseado na xestión por Procesos, que abrangue a todas as áreas da Compañía. Todas as actividades realizadas por “S.A. de Obras y Servicios, COPASA” cumpren os requisitos establecidos nas normas UNE-EN-ISO 9001 de Calidade e UNE-EN-ISO 14001 de Medio Ambiente. Actualmente esta empresa conta con 21 proxectos de I+D+i certificados segundo a norma ISO 166001. No referente a riscos laborais, COPASA conta cun Servizo  de Prevención Propio e coa OHSAS 18001:2007.

– SECTOR MEDIOAMBIENTE E TRAXECTORIA PROFESIONAL: PROFESOR JOSÉ LUIS PEÑA CASTIÑEIRA: foi pioneiro e impulsor da saúde ambiental en Galicia. Pero a súa laboura non quedou na Comunidade galega, senón que ten un recoñecido prestixio internacional como investigador, defensor e comunicador, en materia de medio ambiente e saúde. O profesor lembrou o estreitamente vencellados que está o medioambiente e a saúde, “de feito, na sociedade actual, a meirande parte das enfermidades veñen determinadas por estilos de vida inaxeitados ou por calidades ambientais malas, e só unha pequena parte é xenética”. Francisco José Peña xustificou esta afirmación co dato de que cada ano sete millóns de persoas morren de forma prematura pola mala calidade do aire”. A nivel galego, Peña Castiñeira insistiu na necesidade de que os concellos aposten por mellorar a calidade das súas augas e rede de saneamentos.

Esta iniciativa, que contou co patrocinio de ABANCA e foi un proxecto cofinanciado polo IGAPE, ten como obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente. Deste xeito, poténciase a existencia de empresas e administracións competitivas nun escenario globalizado.

Con esta actividade xa habitual no calendario de eventos de Expourense, a Fundación contribúe a cumprir os seus obxectivos anuais que pasan por fomentar entre as empresas en particular e o resto da sociedade en xeral: a Internacionalización, a Calidade, a Innovación, Emprendemento e  a Formación.

 

Relacionado con: :