No solo deporte 

O Concello de Ourense presenta a semana das Letras 2017

Co gallo do Día das Letras Galegas 2017

O Concello de Ourense vén de presentar a batería de actividades coas que queren poñer en valor a figura de Carlos Casares co gallo do Día das Letras Galegas 2017. Javier Casares, como presidente da Fundación Carlos Casares, agradeceu a implicación das institucións na memoria do escritor.

Así, o calendario queda como segue:

  • Venres 12,20.30h – Auditorio Municipal

Os mortos daquel verán, (Talía Teatro), estrea da adaptación da obra de Carlos Casares.

  • Luns 15, 11.30h – Praza de San Martiño

Actividade escolar e actuación de Raquel Queizás

  • Martes 16, 12h – Salón de Plenos do Concello de Ourense

Acto institucional en homenaxe a Carlos Casares

  • 13.30h – Xardíns Bispo Cesáreo

Descuberta da placa – escultura de Xosé Cid.

  • 20.30h – Auditorio Municipal.

Concerto Letras Galegas a cargo da Real Filharmonía de Galicia, organizado polo Consello da Cultura Galega.

  • Mércores 17, 11h a 21h – rúa do Paseo

Postos de venda das librerías ourensás

  • 11.30h – Centro Cultural A. Valente Punto de encontro do Roteiro Carlos Casares

  • 12h – C.C. A. Valente. Actividade infantil: Carlos Casares con maxia e música

  • 13h – rúa do Paseo (á altura C.C. A. Valente) “Cantata e fuga para Carlos Casares”. Actuación musical de Emilio Rúa coas palabras de Carlos Caneiro.

Todas estas actividades súmanse á exposición que agora mesmo se pode visitar na Sala Valente até o 21 de maio Os mundos de Carlos Casares, a exposición central sobre a figura, a obra e o tempo do autor, con máis de 500 pezas intrinsecamente ligadas á súa vida.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: