A programación do Auditorio Municipal do Concello de Ourense non se detén, e encara esta última etapa do ano cun cartel de programación con grande calidade artística.

Para comezar, mañá mércores a partir das 21 h, terá lugar o espectáculo de ballet El Cascanueces, da compañía Russian Clasical Ballet. O xoves día 27, as 20.30 h será o turno para a obra teatral Vitalicios, de Sanchís Sinisterra, que trae a Ourense unha comedia irónica sobre os recortes. Trátase dunha produción de EscénaTE, que con esta sátira mordaz levaranos a reflexionar sobre onde trazar a tenue liña vermella que separa o Estado de Mercado do Estado do Benestar.

O domingo día 30 pola mañá, volve a actividade infantil con Roedores, unha obra que narra a historia de Peludiño, un hamster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Está recomendada para maiores de 3 anos.

Esa mesma tarde regresa ao Auditorio Leo Harlem, esta vez acompañado de Sergio Olalla co espectáculo Trending Tronching, para o que xa non hai entradas.

As entradas para as actuacións pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo na billeteira do Auditorio.

 

Relacionado con: : ,