Destacado Es noticia Natación 

Xornada de tecnificación de natación artística

Xornada de tecnificación de natación artística

Esta fin de semana comezou a actividade de tecnificación de natación artística na piscina Rías do Sur de Pontevedra con participación de un grupo de nadadoras do Club Natación Sincro Ourense. Nesta 1ª xornada realizáronse as probas de selección.

Nesta tempada o programa de tecnificación está dirixido e coordinado por Irina Rodríguez Álvarez. Irina, como deportista foi membro destacado da Selección Española acadando numerosos éxitos internacionais como a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008, e medallas de ouro e prata en Campionatos do Mundo (Barcelona 2003, Montreal 2005, Melburne 2007 e Roma 2008) e en Campionatos de Europa.

Como técnico, foi adestradora do Equipo Nacional Español (2014-2016), Directora técnica do CN Granollers (2013-2014) e realiza colaboracións internacionais con Arxentina, Colombia, Bélxica e EEUU.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: