Salvour participa este domingo en la Liga Gallega Salvamento Acuático Deportivo

2ª xornada de liga de Salvamento Deportivo – domingo 30 en Ribeira

A segunda xornada da liga galega de Salvamento Acuático Deportivo sufrirá uns cambios debido a un incendio nas instalacións da piscina de Carballo onde se ía a celebrar esta xornada. Pasando a disputarse o domingo día 30 de novembro na piscina municipal de Ribeira.

Los nadadores de Salvour durante unos de sus entrenamientos (Foto: Salvour)

Los nadadores de Salvour durante unos de sus entrenamientos (Foto: Salvour)

A representación ourenán estará composta por: o alevín Pablo Serrano Pérez, os infantís David Fraguas Nieto, Ignacio Delgado Zamora, Xián Breogán Rodríguez, Samuel Iglesias, Daniel Carnero, Roi Naranjo Estévez, Uxía Conde Fuentefría e Carla Rodríguez, en cadete Lucía Serrano Pérez. Na categoría senior Jesús Carlos Quintas Barros e Andrea González.

Nesta ocasión as probas a disputar son:

  • En alevíns os 50 metros de rescate de manequín estanco con aletas e o relevo de 4×50 metros con aletas
  • En infantís 50 socorrista (25 metros libres con aletas e tubo de rescate, tocar a parede, pechar o tubo e volver con el pechado) ademais o relevo de 4×12,5 remolque
  • os cadetes farán 100 metros supersocorrista (37,5 libre, coller un manequín do fondo da piscina e remolcalo ata os 50 metros, poñerse as aletas e o tubo de rescate dende a auga e facer 25 libres, pechar o brazo de rescate e volver a estilo libre) e os 50 metros de rescate

A competición dos pequenos dará comezo as 10 da mañá e o quecemento dos deportistas será dende as 8:30, e a partir das 16:30 tarde será a quenda dos maiores que disputarán os 200 metros supersocorrista, 100 metros socorrista e 50 rescate así como o relevo de 4×50 combinado de tubo de rescate.

 

 

Relacionado con: : ,

 

Sobre el autor

Mas entradas por