6º Rallye Ourense-Ribeira Sacra 2017Es noticia Motor 

O Rallye Ourense-Ribeira Sacra celebrará a sexta edición con 148 inscritos

Será do 22 ó 23 de setembro e terá o Parque Pechado no Campus da Agua de Ourense

6º Rallye Ourense-Ribeira Sacra

A Escudería Luintra organiza o 6º Rallye Ourense-Ribeira Sacra que se desenvolverá desde o día 22 ó día 23 de Setembro e que nesta edición de 2017 chega a un total de 148 participantes.

O 6º Rallye Ourense-Ribeira Sacra consta dun percorrido de 364,83 Kms., dos cales 96,44 Kms. corresponden a 9 treitos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico; está dividido en 2 Etapas e 5 seccións.

O inicio da proba está previsto para as 20:00 do viernes 22 no Campus da Agua para disputar a 1ª sección. O resto do rallye terá lugar ao longo do sábado, desde as 8:00, coa disputa do resto de seccións.

O Parque Pechado, o Parque de Traballo e a a Oficina Permanente do Rallye estarán emprazados no Campus da Auga de Ourense.

Esta sexta edición do Rallye Ourense-Ribeira Sacra é puntuable para os seguintes Campionatos e Trofeos:

  • Campionato de Galicia de Rallyes sobre asfalto (Agrupacións 1, 2, 3, 4 e 5). Coef. (7)
  • Copa de Galicia de Rallyes para pilotos (Agrupacións 1, 2, 3, 4 e 5).
  • Copa de Galicia de Rallyes para copilotos (Agrupacións 1, 2, 3, 4 e 5).
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 1.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 2.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 3.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 4.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 5.
  • Copa de Galicia de Rallyes para Escuderías. (Agrupacións 1, 2, 3, 4 e 5).
  • Copa de Galicia de Rallyes para marcas de pneumáticos. (Agrupacións 1, 2, 3, 4 e 5).
  • 8ª Copa Top Ten Pirelli-Castrol.
  • 12ª Volante F.G.A.
  • 8ª Copa Pirelli AMF Sport.
  • 3ª Copa Iniciación Recalvi.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: