Destacado Es noticia Motor 

Jaime Busto da la sorpresa en Entrimo al imponerse a Toni Bou

Campionato de España de Trial volveu á acción esta fin de semana en Entrimo, Ourense. Desde o mes de xullo non había carreira desta disciplina e os pilotos xa tiñan ganas de voltar verse as caras. As categorías TR1, TR2, TR3, TR4, Junior e Cadete foron as protagonistas desta fin de semana en Galicia.

Na cualificación, Toni Bou foi o máis rápido executando cada un dos obstáculos de maneira excepcional. Jaime Busto quedou segundo e Gabriel Marcelli, moi motivado ao correr na súa terra, terceiro. En TR2 Martín Riobó, que tamén é galego, fixo o mellor tempo deixando a Eric Miquel e a Sergio Ribau como segundo e terceiro, respectivamente.

A carreira estivo organizada polo Moto Club Trial Entrimo preparando unhas zonas moi bonitas a maioría de pedras secas con moito agarre, un total de 12, co terreo típico do noroeste de España e que puxo a proba a todos os participantes. O público tamén gozou e, en xeral, a cita foi un éxito.

Jaime Busto deu a sorpresa en Entrimo ao facerse coa vitoria en TR1 por diante de Toni Bou. O de Vertigo sumou un total de 12 penalizacións fronte ás 14 do de Montesa que, aínda así, segue líder da xeral, e as 19 de Miquel Gelabert que se coou entre os tres primeiros.

En TR2 Pablo Suárez, Sergio Ribau e Eric Miquel foron os tres mellores mentres que en TR3 lográrono ser Marc Horrach, Carlos Monreal e Josep Segui. En TR4  subiron ao pódium Sergio Puyo, Héctor Gairin e Jordi Ramonet.

Pau Martínez superou ao resto dos seus rivais de Júnior tras contar con 11 pés. Raúl Guimera con 24 e Jordi Lestang con 35 foron segundo e terceiro, respectivamente. En Cadete Gaudi Vall subiu ao chanzo máis alto só distanciado por un punto con David Fabián que se quedou segundo. Mateu Crespi pechou o top tres.

A participación galega pechouse co quinto posto de Jorge Casales en TR1, por diante de Marcelli.

Martín Riobó foi quinto en Tr2, Miguel Romero noveno en Cadete, categoría na que tamén participou Xurxo Neo, sendo décimoquinto.

En Tr4 sexto lugar para Sergio Gonzalez Jalda, con Joaquin Dieguez, noveno e Carlos Corralo undecimo.

Crónica: Secretaría Xeral para o Deporte

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.