Club Alpino Ourensán organiza unha actividade divulgativa da espeleoloxía
Inclue unha charla divulgativa e unha actividade en dúas covas galegas.
Actividade divulgativa da espeleoloxía
O Club Alpino Ourensán, organiza o próximo domingo 9 de xullo, unha actividade divulgativa sobre a espeleoloxía que terá lugar nas Covas das Choias e Silverto, ambas na zona do Incio, preto da Serra da Enciña da Lastra.
A xornada, que forma parte do proxecto «Coñece», co cal se pretenden difundir os deportes de montaña así como potenciar o coñecemento dos valores naturais, comezará cunha reunión informativa para os participantes o sábado en Ourense, na que se explicará a actividade a realizar así como unha breve charla sobre a espeleoloxía.
Será o domingo cando o grupo realizará unha saída á Cova das Choias e á Cova de Silverto, onde os participantes poderán coñecer e experimentar a espeleoloxía, unha disciplina con unha parte de deporte pero tamén con carácter científico.
Esta actividade está aberta a todos os interesados e para participar é preciso inscribirse no Club Alpino Ourensán contacto@clubalpinoourensan.es