Federación Galega de LoitaLucha olímpica 

Quinta praza o Club Atila na xornada da liga de deporte base de Loitas Olímpicas

Este pasado sábado 3 de Marzo, celebráronse nas cidades de Vigo e Lugo, as xornadas sur e norte, da liga de deporte base de Loitas Olímpicas, en xornada de mañá.

No grupo Sur competerían os ourensáns do Club Atilia que remataban a xornada na quinta posición.

Esta competición por equipos de DEPORTE BASE, para nenos e nenas de 6 a 12 anos, tivo unha cita ineludible no pavillón municipal de Teis (Vigo) e na Casa do Deporte de Lugo.
Clasificación Grupo Sur

1º Club Keltoi de Vila de Cruces 110ptos.
2º Club de Loita Vilalba 82p.
3º Club Escuela Ayude de Melide 67p.
4º Club San Lorenzo (AST) 58p.
5º Club Atila de Ourense 57p.
6º Club de Loita Lugo 37p.

A xornada final, enfrontará os tres mellores equipos da zona Norte contra os da Sur, para decedir os mellores equipos Galegos de Deporte Base, así como os equipos do 4º o 8º posto de ambas zonas entre si, para completar o resto da clasificiación.

A final terá lugar en Vila de Cruces no vindeiro mes de maio.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: