Halterofilia Pabellon Sportur Galicia 02 Foto Nacho RegoDestacado Es noticia Halterofilia 

Tres deportistas de Halterofilia Pabellón competirán en el nacional Sub-17

Campionato de España Sub-17 de Halterofilia nas categorías feminina e masculina

No Pavillón Central do Consello Superior de Deportes (Madrid) celebrarase a 16ª edición do Campionato de España Sub-17 de Halterofilia nas categorías feminina e masculina.

A representación ourensana correrá por conta de tres halteras do Club Halterofilia Pabellón que posúen a marca mínima esixida regulamentariamente para tomar parte neste campionato de base. Trátase de Sara Reis que competirá na categoría de -44kg, Eyén Díaz na de -53kg e Iria Guevara que o fará en -63kg.

Como en anteriores ocasións, o combinado galego é un dos máis novos entre os participantes, que representarán a trece Comunidades Autónomas.  Téñeno difícil os mozos e algo máis fácil as nenas para poder lograr postos de podio por equipos e individualmente, dado o gran nivel que presentan os e as atletas cataláns, andaluces e canarios; pero coñecendo o grao de implicación dos nosos e das nosas deportistas, é doado pensar que coma sempre estarán na loita polos postos de podio que os caracteriza.

A continuación a relación de 22 deportistas, once masculinos e once femininas, que formarán a delegación galega que se desprace a Madrid neste evento::

  • Sara Reis Expósito (2001) do C.H. Pabellón de Ourense, na categoría de – 44 kg.
  • Ruth Fuentefría Sánchez (2004) do C.H. Coruña, na categoría de – 44 kg.
  • Cristina Vázquez Espetante (2004) do C.H. Coruña, na categoría de – 48 kg.
  • Aroa Quiroga Vidarte (2004) do C.H. Coruña, na categoría de – 53 kg.
  • Eyén Díaz López (2002) do C.H. Pabellón de Ourense, na categoría de – 53 kg.
  • Jennifer Tocuyo Mayorga (2004) do C.H. Coruña, na categoría de – 53 kg.
  • Abigail Arancibia Murillo (2003) do C.H. Coruña, na categoría de – 58 kg.
  • Ana Arufe Nuño (2002) do C.H. Coruña, na categoría de – 58 kg.
  • Iria Guevara Platero (2002) do C.H. Pabellón de Ourense, na categoría de – 63 kg.
  • Mª Ángeles Hernández Núñez (2003) do C.H. Coruña, na categoría de + 75 kg.
  • Irene Blanco Tarela (2002) do C.H. Coruña, na categoría de + 75 kg.
  • Juan David Zuluaga Angulo (2001) do C.H. Ferrol, na categoría de – 50 kg.
  • Anxo Silva Sixto (2001) do C.H. Coruña, na categoría de – 56 kg.
  • Alejandro Méndez Ortíz (2003) do C.H. Coruña, na categoría de – 62 kg.
  • Jaime Fernández Infante (2001) do C.H. Coruña, na categoría de – 62 kg.
  • Juan Gago Codesal (2001) do C.H. Coruña, na categoría de – 62 kg.
  • Luis Quiruga Pastrana (2002) do C.H. Coruña, na categoría de – 69 kg.
  • Mateo Crespo Soto (2002) do C.H. Rías Baixas de Pontevedra, na categoría de – 69 kg.
  • Iker Rodríguez Díaz (2003) do C.H. Ferrol, na categoría de – 69 kg.
  • Aarón Alvite Teijeira (2003) do C.H. Coruña, na categoría de – 85 kg.
  • Luis Román Pose Villalba (2001) do C.H. Coruña, na categoría de – 85 kg.
  • Álvaro Hernández Núñez (2003) do C.H. Coruña, na categoría de + 94 kg.

Fonte: Secretaría Xeral para o Deporte

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: