Pabellón Ourense clasificado para a Copa da Raíña de halterofilia
O equipo ourensán logrou meter o equipo femenino na Copa quedando fora da clasificación o masculino
Clasificación para os Campionatos de España por Clubs
Unha vez finalizado o PLAY OFF clasificatorio para os Campionatos de España por Clubs en categoría masculina e feminina, Copa do Rei e da Raíña respectivamente, no que o Club Halterofilia Pabellón de Ourense e o Club Halterofilia Coruña participaron por estar entre os 18 primeiros do ranking nacional; a clasificación dos equipos dos clubs galegos foi o seguinte:
O Club Halterofilia Pabellón de Ourense que participaba con 2 equipos – un feminino e un masculino – logrou clasificar o equipo feminino para a Copa da Raíña.
Pola súa banda o Club Halterofilia Coruña competiu no PLAY OFF con 4 equipos – 2 femininos e 2 masculinos – os cales se clasificáron para asistir ao Campionato de España por Clubs.
Polo que os equipos de Galicia que participarán nos campionatos nacionais por clubs son:
Campionato de España por Clubs masculino – Copa do Rei – 12 EQUIPOS:
- Club Halterofilia Coruña “A” (Campión de Liga 2017)
- Club Halterofilia Coruña “B”
Campionato de España por Clubs feminino – Copa da Raíña – 12 EQUIPOS:
- Club Halterofilia Coruña “A” (Subcampión de Liga 2017)
- Club Halterofilia Pabellón de Ourense “A”
- Club Halterofilia Coruña “B”