Ya en Rusia la delegación de Ximansia Pavillón que competirá en el Mundial de Trampolín por edades
O xoves15 comezará a competición nos distintos aparatos
COMPETICIÓN MUNDIAL DE TRAMPOLíN POR IDADES SAN PETERSBURGO (RUSIA)
A delegación española que competirá na Competición Mundial por Idades de Trampolín xa está en Rusia.
Este sábado dia 10 saíron de Ourense os dez ximnastas do Club Ximnasia Pavillón que representarán a España na Competición Mundial por Idades de Trampolín, xunto co seu adestrador Iago Covela Iglesias.
Lembramos que os ximnastas do Club Ximnasia Pavillón, que foron convocados pola Federación Española de ximnasia na modalidade olímpica (trampolín) e converteron a Ourense na cidade que máis ximnastas aporta a esta competición, foron os seguintes:
TRAMPOLÍN 11-12 FEMENINO
- Marta Rodríguez – CX Pavillon
- María Fuju García – CX Pavillon
TRAMPOLÍN 13-14 FEMENINO
- Alejandra Braña – CX Pavillon
TRAMPOLÍN 15-16 FEMENINO
- Noa Puente-Dodd – CX Pavillon
- María Salas – CX Pavillon
TRAMPOLÍN 15-16 MASCULINO
- Nicolás Cid – CX Pavillon
TRAMPOLÍN 17-21 MASCULINO
- Lucas Domuro – CX Pavillon
- Guillermo García – CX Pavillon
SINCRONISMO 11-12 FEMENINO
- Marta Rodríguez – CX Pavillon/ María Fuju García – CX Pavillon
SINCRONISMO 11-12 MASCULINO
- Pedro Castaño – CX Pavillon / Saúl Rodríguez – CX Pavillon
SINCRONISMO 13-14 FEMENINO
- Alejandra Braña – CX Pavillon / Desirée Valero – CG Esplugues “Les Moreres”
SINCRONISMO 15-16 FEMENINO
- María Salas – CX Pavillon / Noa Puente-Dodd – CX Pavillon
SINCRONISMO 17-21MASCULINO
- Guillermo García – CX Pavillon / Nicolás Cid – CX Pavillon
Ademáis Alejandra Braña competirá tamén na modalidade non olímpica de Dobleminitramp.
En Madrid atopáronse co resto de compañeiros de outras comunidades para emprender o voo a San Petersburgo e en Rusia esperábaos Ada Pazos que leva alí xa unha semana, como xuiza da competición absoluta.
O domingo e luns comezaron xa os quecementos e aproveitaron para algunha visita turística. O xoves15 comezará a competición nos distintos aparatos. Ás 9.25 comezará a competición de Trampolín na categoría 11-12 anos e prolongarase nos distintos aparatos e grupos de idade ate o dia 19.