Pavillon PODIO DMTDestacado Es noticia Gimnasia 

Ximnasia Pavillón suma cinco medallas no Open Comunidad de Madrid de trampolín

Un podio sub15 feminino de DMT foi enteiro para as ximnastas Pavillonistas

Open Comunidad de Madrid de Ximnasia de Trampolín 2018

Esta fin de semana 11 ximnastas  do Club Ximnasia Pavillón acudiron ao Campionato autonómico Open Comunidade de Madrid.

Pavillon PODIO DMT

Neste Open tan solo hai dúas categorías na competición: Sub-15 (masculina e feminina) que reúne ximnastas entre 8 e 14 anos e Absoluto(tamén masculina e feminina) para os maiores de 14 anos.

Os resultados foron satisfactorios tendo en conta o amplo abano de idades que inclúe este Open.

Na categoría Sub-15 feminina o podio de Dobre Minitramp foi enteiro para as ximnastas pavillonistas: Alejandra Braña Barreiros (13 anos) obtivo o ouro, María Fujú García Varela (11 anos) obtivo a prata e Marta Rodríguez Cancio (12 anos) obtivo o bronce.

Pavillon MARTA prata en trampolín

Na modalidade olímpica de trampolín, tamén en categoría Sub-15 Marta Rodríguez Cancio acadou a prata e Noa Puente-Dod Álvarez (16 anos) tamén obtivo a prata en categoría absoluta.

Pavillon NOA PRATA EN TR ABSOLUTO

A última fin de semana de xuño o equipo pavillonista participará no Galego de Trampolín e o seguinte fin de semana participarán no Campionato de España, veñen pois semanas de intensa preparación para os e as ximnastas na modalidade de Trampolín.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.