Destacado Es noticia Gimnasia 

Ximnasia Pavillón repite como subcampión da Liga de Ximnasia estética

III Fase e Final Liga Federacións de Ximnasia Estética

  • O conxunto senior de estética do club Ximnasia Pavillón campión da III fase da Liga de Ximnasia estética e subcampión da fase final

O sábado en xornada de mañán na Cancha Central dos Remedios, tiña lugar a III Fase e Final Liga Federacións de Ximnasia Estética, especialidade incluída na F.G.X. dende hai dous anos.

Competía, xunto con outros conxuntos das comunidades valenciana e madrileña (estando ausentes esta vez as comunidades vasca, catalana e andaluza, que tamén forman parte desta Liga Federacións), o noso conxunto senior que xa no ano 2018 proclamárase subcampión da Liga en Bilbao, no Euskalgym.

Antía, Ana, María, Uxía, Paula, Candela, Lorena, Sabela e Rebeca dirixidas por Raquel Dafonte, realizaron dous pases moi ben executados dun fermoso exercicio que fixo disfrutar moito á grada, proclamándose Campionas desta III Fase, obtendo a mellor nota da competición nas dúas rotacións.

Este conxunto asistiu á I Fase que tivo lugar no Escorial en maio deste ano, obtendo tamén o ouro. Non puido asistir á II Fase en Córdoba no mes de xuño e polo tanto era difícil optar a ser Campión da Liga, non podendo sumar eses puntos, pero sí foron suficientes as dúas fases ás que asistiu para sumar a súa segunda prata nunha Final.

A maioría das ximnastas deste conxunto, no que case todas son universitarias e adestradoras do propio club, din adiós á competición nacional con esta cita que tivo lugar en Ourense.

Para a tempada 2020, o Club Ximnasia Pavillón ten como proxecto a presentación de dous dos seus equipos nacionais de rítmica (un alevín e un junior) nesta Liga de Estética, compatibilizando as dúas modalidades (rítmica e ximnasia estética).

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.