cartel torneo primavera cidade de ourense gimnasiaDestacado Es noticia Gimnasia 

Ximnasia Pavillón organiza o X Torneo Primavera Cidade de Ourense

O vindeiro sábado 14 no Pavillón dos Remedios

X Torneo Primavera Cidade de Ourense de Ximnasia – 2018

Por décimo ano consecutive Club Ximnasia Pavillón organiza este Torneo de Ximnasia Rítmica que supón unha previa a esta parte da tempada de competición que está comezando: competicións de nivel promoción, base e absoluto.

Este ano con motivo do décimo aniversario do Torneo e para instauralo coma un evento que leve a marca Ourense diseñouse un logo que será identificativo do mesmo a partires de agora.

logo torneo primavera cidade de ourense gimnasia

O Torneo conta coa oficialidade da Federación Galega de Ximnasia e nel participan os mellores clubs galegos de ximnasia rítmica.

A competición desenvólvese nas seguintes modalidades e niveis:

  • Conxuntos promoción
  • Conxuntos nivel absoluto
  • Individuais de nivel base
  • Competición individual de clubs nivel absoluto

Programación do Torneo

Durante a xornada de mañá, terá lugar a competición de conxuntos de nivel promoción de categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, competición individual base categoría cadete e individual de clubs categoría sénior. Veremos ademais durante a mañá varias exhibicións de nivel escolar e o exercicio de Ximnasia Estética, cuxas ximnastas partirán  esa mesma tarde a Madrid para disputar a Copa Federacións de Ximnasia Estética (este ano o noso club estrease en competición con esta modalidade ximnástica).

Na xornada de tarde, competirán en primeiro lugar os conxuntos de nivel promoción de categoría cadete. Terá lugar tamén a competición individual por equipos de nivel absoluto nas categorías infantil e júnior e estarán presentes case todas as ximnastas galegas que participarán no Campionato Galego Individual de Clubs, clasificatorio para o campionato de España a celebrar en xuño nestas categorías.

 cartel torneo primavera cidade de ourense gimnasia

Para finalizar a competición de tarde mediranse os conxuntos de nivel absoluto das categorías alevín, infantil, junior e sénior, moitos dos cales participarán, unha vez clasificados semanas antes, na primeira fase de Copa de España a celebrar en Guadalaxara o domingo día 22 de abril. Poderemos ver nesta modalidade a catro conxuntos do Club Mapecca da Federación de Castela-León.

Conxuntos de exhibición

Na tarde estarán tamén presentes varios conxuntos escolares e grupos de exhibición das Escolas de Celanova, Barbadás, Escola Pavillón e do propio club organizador, rematando, como colofón final, con un excepcional exercicio de expresión corporal creado pola nosa profesora de ballet, Irina Iembergenova.

Estará o mellor da ximnasia ourensá e galega pero non queremos esquecer que en Ourense hai moitas nenas que practican este deporte de xeito non competitivo e moitas que participan a nivel escolar e que aínda están afianzando os seus exercicios cara ó mes de maio (Copa Deputación e competición de nivel escolar) e por iso nos acompañan en exhibición, para ir tomando contacto coa moqueta sen a presión competitiva.

CLUBES PARTICIPANTES

  1. MANIOTAS – VIGO
  2. MANIOTAS – ACACIAS – VIGO
  3. ESQUÍO – FERROL
  4. VIRAVOLTA – SANTIAGO
  5. XIMNASIA PORRIÑO
  6. ESCOLA XIMNASIA PORRIÑO
  7. TREBOADA – PONTEVEDRA
  8. IN MARE – MARÍN
  9. RÍTMICA COMPOSTELA
  10. CLUB AS TRISCAS – PONTEVEDRA
  11. CLUB RÍAS BAIXAS – PONTEVEDRA
  12. CLUB RITMICA XIADA – PONTEVEDRA
  13. CLUB VILA DE PONTEVEDRA
  14. CLUB DEPORTIVO BRÍO – FERROL
  15. MILENIUM – CORUÑA
  16. SARAIBA (POIO)
  17. ESCOLA ACORDES – NARÓN
  18. CLUB RÍTMICA MILANY – PRINCIPADO DE ASTURIAS
  19. CLUB MAPECCA – ZAMORA
  20. ESCOLA DEPORTIVA CELANOVA
  21. ESCOLA DEPORTIVA BARBADÁS
  22. ESCOLA PAVILLÓN
  23. CLUB XIMNASIA PAVILLÓN

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.