Es noticia Gimnasia 

Ximnasia Pavillón medalla de bronce na Copa de España de conxuntos

O Conxunto infantil do Ximnasia Pavillón sube ao podio tras acadar o bronce na  2ª fase da Copa de España de conxuntos.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE EQUIPOS E COPA DE ESPAÑA DE CONXUNTOS, 2ª FASE.

O conxunto infantil  composto por Candela Díaz Pavón, Candela Pérez Quintas, Uxía Fernández Álvarez, Julia Cascón Padrón, Claudia Selas Sánchez, Sara Cid Fernández, marca un fito na historia do Pavillón ao acadar a medalla de bronce nun campionato nacional e rompe unha longa racha sen podios ourensáns en competicións nacionais de ximnasia rítmica.

A Comunidade Galega situouse nunha meritoria 5ª plaza na clasificación por autonomías coas notas dos conxuntos que se presentaron: Conxunto CXP infantil: 11.083, conxunto CXP Junior: 9.250, conxunto Acordes alevín: 7.933 e conxunto María Barbeito senior: 7.667

Na competición individual de equipos o Club Ximnasia Pavillón presentaba equipos en categoría Benxamín, Junior e Senior. As benxamíns estreábanse nun nacional individual e obtiveron as prazas 11, 12 e 13, por aparatos Paula Martínez Villar e Candela Chaparro Gómez foron as mellor clasificadas (10ª posición). O equipo senior colocouse no posto 38 sendo a mellor nota por aparatos a de Loreña Braña Barreiros (19ª). O equipo junior situouse no posto 42.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: