Destacado Es noticia Gimnasia 

Ximnasia Pavillón e Marusia clasifican ós seus equipos para o campionato de España

O Pavillón dos Remedios acolleu o Campionato Galego Individual e de Clubs de ximansia rítmica

Campionato Galego Individual e por Equipos de Ximnasia Rítmica

No día de hoxe celebrouse na Cancha Central do Pavillón dos Remedios o Campionato Galego Individual e de Clubs clasificatorio para o nacional.

Campionato Galego Individual

Na xornada de mañán foi o turno da competición individual na que Ourense non presentou ningun ximnasta. Na modalidade feminina, as categorías benxamín, alevín e infantil estiveron protagonizadas casi na totalidade polo Club Maniotas.

Na categoría junior polos clubs Maniotas, Acordes e Treboada e a categoría senior foi a máis competitiva. A modalidade masculina, a pesares de estar en crecemento, estivo representada casi totalmente por ximnastas da provincia de Pontevedra.

Campionato Galego por Equipos

Era na competición de tarde na que Ourense tiña tres equipos participantes (un alevín do club Marusia e dous do Club Ximnasia Pavillón Ourense, un junior e un senior). Nesta competición clasificabanse catro equipos por cada categoría, sumando as notas das ximnastas por aparatos.

As categorías maís duras de competición, tanto en número de equipos participantes como en nivel, foron a categoría infantil e a junior, xerazóns que teñen en Galicia ximnastas de gran calidade.

Na categoría alevín competía o equipo do Club Marusia formado por María Chaparro y Martina Gonzalez. A primeira particiba na modalidade de máns libres acadando a cuarta posición mentres que a segunda o facía en aro rematando como segunda clasificacda. A suma destas duas puntuacións dáballe a segunda praza da xeral e a clasificación para o nacional.

 

O conxunto junior do Club Ximnasia Pavillón competía en circunstancias adversas, dada a recente lesión de Sabela Rodríguez que, a pesares do parón ó que se viu obrigada nos últimos días, conseguiu alzarse co segundo posto entre as oito participantes. María Rodríguez conseguiu o cuarto posto en cinta e sexto en aro. A suma destas tres notas conseguiu o cuarto posto do equipo e deulle a clasificación para o Nacional de Zaragoza.

Na categoría senior o equipo do Club Ximnasia Pavillón alzouse coa prata por equipos cos exercicios de Nerea Sastre, que foi primeira en mazas, Antía Vázquez, terceira en pelota e Lucía Corrales, ximnasta cedida polo Club Acordes, que foi segunda en aro.

Con este resultados o Club Ximnasia Pavillón consigue a participación cos dous equipos no Nacional Individual de Clubes que se celebrara en Zaragoza nos últimos días de xuño.

Copa de España de conxuntos

O vindeiro día 26 de maio en Carballiño, catro equipos pavillonistas realizarán un control para a súa clasificación para a 2º Fase de Copa de España de conxuntos, na que de novo, a maior dificultade estará na categoría junior, onde o junior do Club Ximnasia Pavillón Ourense e o junior do Escola Pavillón loitarán con outros dous conxuntos galegos (Acordes e Maniotas) en busca de dúas prazas para esta competición. Tamén presentarán para este control ós conxuntos alevín e senior.

Noticias relacionadas