Mundialistas ximnasia pavillon trampolin 2017Destacado Es noticia Gimnasia 

A ximnasia ourensá liderará a Selección Española para o Mundial por idades

A Real Federación Española de Gimnasia ten seleccionados 11 ximnastas ourensáns para participar no Campionato do Mundo por idades que se celebrará no mes de novembro en Sofía

Campionato do Mundo por idades

A Real Federación Española de Ximnasia ven de confirmar a clasificación de 11 ximnastas ourensáns para participar na Competición Mundial por Idades 2017 que se celebrará en Sofía (Bulgaria) entre o día 16 e o 19 de novembro. Por parte do o Club Ximnasia Pavillón Ourense son 10 ximnastas (superando o nivel acadado nos mundiais do 2015 onde acudiu con 7 ximnastas) os seleccionados correspondendo o Club Burgas o outro seleccionado.

O Ximansia Pavillón acude con una numero participación

Dos 10 clasificados polo Ximnasia Pavillón asistirán a Sofía 9.

As mais pequenas do equipo pavillonista son Marta Rodríguez Cancio (11 anos) e María FuJú García Varela (11 anos) que despois dunha temporada de éxitos foron seleccionadas nos tres aparatos nos que participaban: Dobre Minitramp, Trampolín e Sincronismo, na categoría 11-12 anos. Esta será a súa primeira participación nuns mundiais por idades.

Alejandra Braña Barreiros (13 anos), que quedara ás portas nos anteriores Mundiais, foi agora seleccionada en Dobre Minitram e Trampolín en categoría 13-14.

En categoría 15-16 os seleccionados foron:

Guillermo García Varela (15 anos) en Sincronismo.
Noa Puente-Dodd Álvarez (15 anos) en Trampolín e Sincronismo
María Salas Cid (15 anos) clasificada en Dobre Minitramp, Trampolín e Sincronismo.

Mundialistas ximnasia pavillon trampolin 2017
Mundialistas do Ximnasia Pavillon en trampolin

Todos eles xa representaron a España nos anteriores mundiais (2015) pero María, Noa e Lucas participarán por primeira vez en Trampolín, a
modalidade olímpica.

Daniel Fernández Méndez (16) en Sincronismo. Será este o seu primeiro mundial

En categoría 17-21 foron seleccionados:

Lucas Domuro Arias (17 anos) en Trampolín e Sincronismo.
Eduardo Novelle Man en Dobre Minitramp. Edu é o que aterosa con mais experiencia en Mundiais por Idades, e a pesares de ter relaxado a súa dedicación ao trampolín en favor dos seus estudios de Inxeñeiría Aeroespacial, conseguiu a clasificación un ano mais.

O técnico de Trampolín Iago Covela Iglesias e a Técnica Inmaculada Pazos Sánchez-Rubio acompañarán á expedición pavillonista en Bulgaria.

É a primeira vez que Ourense acada tanta representación (é a cidade con mais ximnastas clasificados, seguida de Madrid). É tamén a primeira vez que se consigue a clasificación na modalidade olímpica de trampolín por tantos ximnastas, o que nos leva a pensar no bo estado desta disciplina na nosa cidade.

Alejandro Cid Masid, ximnasta do Club Burgas

Representante do Club Burgas

A este mundial por idades asistirá Alejandro Cid Masid, quien se proclamó subcampeón de Europa en Doble mini con el equipo de la selección española en la categoría junior.

Noticias relacionadas