Destacado Es noticia Gimnasia 

O vindeiro venres chega o XI Torneo Nadal de ximnasia

O 15 de decembro na Cancha Central do Pavillón dos Remedios desde as 18:15 a 20:45

XI TORNEO NADAL DE XIMNASIA

Por décimo primeiro ano consecutivo o Escola Pavillón organiza este evento non competitivo que abre os actos deportivos do Nadal  en Ourense. Pero a andadura deste Torneo ten preto dos trinta anos de andadura, aínda que con diferente nomes (Torneo Nadal Concello de Ourense, Concello Nadal Ourense Termal), organizado polo mesmo club.

Este ano terá lugar nun día de semana, o venres, excepcional na súa historia. A causa desta novidade é a presenza de Carolina Rodríguez en terras de Xinzo de Limia, durante os días 16 e 17 deste mes, motivo polo que os organizadores modificaron a data da celebración, nun intento de facilitar a todas as ximnastas de Ourense a participacipación na master class e exhibición desta ximnasta. Aínda así contará coa participación de arredor de 530 ximnastas da casi totalidade de escolas municipais da nosa provincia (Maceda, Celanova, Xinzo, Barbadás), o club Quicela de Monforte de Lemos e a escola de ximnasia do CPI Antonio Faílde, ademáis do Club Ximnasia Pavillón e o organizador.

Haberá exhibicións de varias modalidades ximnásticas (rítmic  a, trampolín, ximnasia xeral e ximnasia estética). Como nos catro últimos anos, terá un fío conductor para as exhibicións dos clubes da capital, nesta edición os animais serán os protagonistas da gala, comezando esta con un exercicio realizado polos equipos infantil e junior federado do Club Ximnasia Pavillón (“Nuestro hogar”) que será unha defensa da natureza, condenando os recentes incendios masivos en Galicia.

Mención especial ós ximnastas mundialistas

Tamén aproveitará o club Escola Pavillón para obsequiar con unha mencion especial a todos os ximnastas galegos que participaron nos últimos mundiais de trampolín, que foron invitados para tal efecto, celebrando así o feito de ser a comunidade autonóma que máis ximnastas conseguiu meter nesta competición. Os organizadores son coñecedores da dificultade que pode supoñer a asistencia de moitos deles dende outras provincias galegas nun día de adestramento, pero aínda así faralles chegar este recoñecemento a través da Federación Galega de Ximnasia a todos os que non poidan atender á invitación e que de seguro sentirán os aplausos dunha grada que adoita estar repleta. O exercicio final será tamén un tributo de toda a ximnasia á modalidade de trampolin.

Operación Kilo

Por último tampouco se esquece o carácter solidario e de novo colaborarán coa “Operación Kilo” de Amencer, polo que piden a todos os asistentes a súa achega de alimentos non perecedeiros para depositar nos carros que haberá dispostos na entrada do Pavillón dos Remedios.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario