OURO PARA OS DOUS CONXUNTOS PAVILLONISTAS NO GALEGO DE BASE DE CONXUNTOS DE XIMNASIA RÍTMICA

O domingo día 19 de outubro tivo lugar no Pavillón dos Remedios o campionato galego de base de conxuntos. O Club Ximnasia Pavillón participaba con dous conxuntos, un de categoría benxamín e outro de categoría cadete. Ambos obtiveron o primeiro posto da competición.

As benxamíns (Iria, Sara, Daniela, Noa, Antía, Vera eYaiza) obtiveron o primeiro posto na clasificación, seguidas do Club Rías Baixas.

Pavillon-conxunto-benxamin

Na categoría cadete o conxunto formado por Marta, Ainoa, Yanira, Lucía, Ilmira e Lidia proclamaronse campionas galegas seguidas do Club María Barbeito no segundo posto e Club AS Triscas no terceiro posto.

Pavillon-conxunto-cadete

Os dous conxuntos participarán no Campionato Nacional de Base en Castellón entre os días 21 e 23 de novembro.

Na mesma mañán tivo lugar o campionato galego individual de Ximnasia Ritmica masculina na que  foi primeiro Rodrigo Vázquez do Club Arousa e segundo Diego Yáñez do Club El Bayo.

Xa en xornada de tarde tivo lugar a primeira fase do campionato galego absoluto de conxuntos con un valor do 30% sobre a nota final, supoñendo a segunda fase, que terá lugar en Ferrol o vindeiro día 1 de novembro, no que promete unha competición moi igualada vistas as puntuacións desta primeira cita, un  70% da nota final. Os clubes pavillonistas participaban con catro conxuntos, dous en categoría alevín, un infantil e un junior. Dos catro conxuntos, o conxunto infantil foi o máis regular, con dous excelentes exercicios que o colocaron na segunda posición nesta xornada. Os restantes tiveron menos regularidade realizando un dos pases con menos acerto que colocou ás alevíns cuartas e quintas na clasificación e as junior segundas.  Os catro conxuntos teñen posibilidades intactas para a súa clasificación para o nacional que terá lugar en Zaragoza entre os días 11 e 14 de decembro.

 

Relacionado con: :