Tres ouros para Ximnasia Pavillón no Galego de Promoción
Campionato Galego de Promoción- XIII Memorial Antonio Prada
TRES OUROS PARA O CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE NO GALEGO DE PROMOCION E XIII MEMORIAL ANTONIO PRADA.
Foron 85 ximnastas individuais, 88 conxuntos de nivel promoción e 7 equipos de ximnasia xeral e estética, os que participaban neste Campionato Galego de Promoción- XIII Memorial Antonio Prada. Os clubes pavillonistas participaban con un total de 41 ximnastas. Por a súa banda o Club Marusia contaba unha única participación na categoría alevín.
CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE
O Club Ximnasia Pavillón estaba representado por tres conxuntos de nivel promoción (un benxamín, un alevín e un senior), o conxunto de Estética de Nivel Nacional e ademáis dous ximnastas individuais (un ximnasta en categoría benxamín e unha ximnasta en categoría alevín).

O conxunto senior (Carla, Haydée, Laura, Marta, Uxia, Xiana e Denisse) proclamouse campión galego. Está constituído na súa grande maioría por ximnastas que levan no club dende a categoría prebenxamín. Nos últimos tres anos levan dando mostras de un excelente nivel, sendo xa campionas galegas en 2017 e bronce en 2018. Con este ouro despídense da competición de promoción para intentar buscar a clasificación para o Nacional de Base no vindeiro mes de outubro.

Con esta incorporación ó nivel nacional, o Club Ximnasia Pavillón Ourense comezará a tempada 2019-2020 con tres conxuntos senior de nivel nacional por primeira vez na súa historia, sendo ademáis moi difícil, neste deporte, que tantas ximnastas cheguen a esta categoría e máis difícil aínda que o fagan a nivel nacional.

O conxunto benxamín foi tamén campión galego. Estivo moi acertado no seu exercicio, que teñen controlado dende hai tempo. Este conxunto será tamén unha nova incorporación ó nivel nacional na vindeira tempada.
O conxunto alevín de segundo ano foi quinto clasificado nunha das categorías máis fortes do campionato, con un exercicio moi correcto.
Por súa parte, na modalidade individual, José Vazquez Goméz obtivo o 9º posto da categoría benxamín e Isabel Gómez Gómez foi 9º en categoría alevín.

O conxunto senior de Ximnasia Estética que no mes de maio se proclamaba campión da I Fase de Liga Federacións no Escorial, participaba na modalidade de Ximnasia Estética e fixose co ouro.
CLUB MARUSIA
A presenza do Club Marusia nesta campionato limitábase a unha única participación na categoría alevín. Natalia Romero remataba na séptima plaza da categoría cunha puntuación final de 15,25 puntos.

CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN
O Club Ximnasia Escola Pavillón participaba con dous conxuntos (un alevín e un cadete) e dous ximnastas individuais O conxunto cadete tivo erros que o levaron ata o posto 13 da clasificación. O conxunto alevín primeiro ano na categoría realizou un dos mellores exercicios da temporada obtendo o 11º posto.

Con este campionato toman vacacións os/as ximnastas de nivel promoción dos clubes pavillonistas. Tan só continuarán traballando e con máis intensidade os conxuntos senior e benxamín, preparando o seu salto a Base Nacional no último trimestre de 2019.
Queda unha importantísima cita para os equipos absolutos alevín e senior do Club Ximnasia Pavillón que se medirán en Zaragoza, entre os días 27 e 30 de xuño co mellor da rítmica nacional, tras clasificarse no autonómico celebrado en Ourense o 17 de maio. Participarán no Nacional de Clubes con un equipo alevín e outro senior e na II Fase de Copa de Conxuntos cos conxuntos alevín e senior, esperando continuar mellorando a súa clasificación nacional.