club ximnasia pavillon ritmicaDestacado Es noticia Gimnasia 

Tres ouros para os conxuntos do Pavillón no III Trofeo Cidade de Vigo

Tres ouros para os conxuntos do Pavillón no III Trofeo Cidade de Vigo

Os conxuntos pavillonistas seguen a súa preparación para as importantes citas nacionais e autonómica ás que se enfrentarán durante os próximos meses.

Neste Trofeo Cidade de Vigo, competición oficial, organizado polo Club Maniotas, competían a práctica totalidade dos conxuntos galegos de nivel absoluto. Tras dous pases dos seus exercicios, as ourensás trouxeron nas súas arcas tres medallas de ouro e dous cuartos postos.

club ximnasia pavillon ritmica

O conxunto alevín foi o primeiro clasificado, sendo segundo o conxunto alevín do Club Maniotas. O conxunto junior do Club Ximnasia Pavillón obtivo tamén o ouro, sendo segundo clasificado o Acordes, terceiro o Maniotas e cuarto o conxunto junior do Escola Pavillón, aínda que no primeiro pase foi segundo, solo superado polo outro junior ourensá. Tamén foi primeiro o conxunto senior, seguido polo Club María Barbeito. Participaba tamén o conxunto benxamín que aínda non se estreou na competición nacional, realizando un primeiro pase moi correcto e dinámico e un segundo pase con algúns erros, sendo cuartas na clasificación.

Os conxuntos infantís de nivel base do Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón participaban en exhibición, igual que o conxunto prebenxamín. Os tres realizaron uns excelentes exercicios.

Vindeiras citas

A seguinte cita importante para os conxuntos de nivel absoluto terá lugar en Riazor o día 3 de novembro (Campionato Galego de conxuntos de nivel absoluto).

Do 7 ó 11 de novembro viaxarán a Murcia onde se disputará, por un lado o nacional de conxuntos de nivel base e por outro a Copa de España de nivel absoluto para a que tres dos catro conxuntos pavillonistas están clasificados. Será tamén no mes de novembro o Torneo Euskalgym, no que participarán os oito conxuntos (catro en nivel base e catro en nivel absoluto). E finalizará esta completa tempada co nacional absoluto a celebrar en Pamplona no mes de decembro, non sen antes pasar polo Torneo Nadal, no que este ano esperamos ver en competición ós mellores conxuntos galegos.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.