Tres finales para Ximnasia Pavillón el mundial de trampolín por edades
Mundiais por Idades de Trampolín 2018
Desde o 2010 o Club Ximnasia Pavillón leva clasificando ximnastas para os Mundiais por Idades, de xeito progresivo o Club foi aumentando o número de participantes clasificados ate chegar a este ano con 10 ximnastas, incrementando tamén a participación no aparato de Trampolín.
Este ano tres ximnastas do Club conseguiron de novo meterse en finais: a final de DMT de Marta Rodríguez Cancio, que acabou en quinta posición nunha final moi disputada, despois de rematar as preliminares de terceira, mellorando o resultado do ano pasado no que María Fujú acadara a setima posición; tamén Marta conseguiu o mellor resultado do noso Club ao quedar no posto número 15 entre 55 participantes. Tanto María Fujú como Marta Rodríguez Cancio en sincronismo tiñan notas de clasificación que lles daban opción a pelear polas medallas pero un fallo nas preliminares retirounas lamentablemente das finais.
María Salas Cid e Noa Puente-Dod Álvarez que tamén participaban cun bo exercicio de sincronismo fixeron un bo papel nas preliminares clasificándose en sexta posición para as finais seguidas doutra parexa española e melloraron o seu exercicio nas finais chegando á cuarta posición por debaixo de Rusia, Japón e a parellas española de Marina Echevarría e Érika Sanz que obtiveron a 3 posición.
En competición cometéronse algúns erros inesperados e inxustos que nos apaartaron dalgunha final e que en outros casos nos deixaron con resultados inferiores ao esperado tendo en conta o traballo que os e as ximnastas fixeron durante toda a temporada e a propia preparación do mundial pero ista é unha eiva que ten un deporte no que o xogas todo en 10 saltos e que si fallas no segundo ou no terceiro xa non tes a oportunidade de retomar e quedas fora da loita; tamén hai que ter en conta que algún dos deportistas que participaban eran debutantes nunha competición desta embergadura; pero podemos dicir que o resultado final foi excelente xa que as posicións en mundiais melloráronse respecto ao ano pasado.
Ahora ganáronse todos un merecido descanso pero en breve deberan comezar a preparar a seguinte temporada coas miras postas en Tokio esperando ter a posibilidade de que o Club aporte unha vez mais algún membro á Federación Española, si ben o desprazamento a Japón non vai a ser doado pola proeza económica que supón.