Ximansia PavillonDestacado Es noticia Gimnasia 

Tres conxuntos do Ximnasia Pavillón participarán na 1ª fase da Copa da Reina

Campionato Galego Individual de Base

O sábado día 3 de febreiro tiveron lugar en Pontevedra o Campionato Galego Individual de Base e os controis clasificatorios para a Copa de España de conxuntos tanto en nivel base como absoluto e control para participación na Copa da Reina individual. A escuadra pavillonista participaba no Campionato Galego de Base con unha ximnasta e no control de conxuntos de nivel absoluto con catro conxuntos (un alevín, dous junior e un senior).

Ximansia Pavillon

O primeiro control foi o de conxuntos absoluto, no que as pavillonistas foron as máis representadas. As alevíns (Candela, Noa, Mariña, María, Paula e Laura) mostraron o seu exercicio con moita naturalidade e destreza a pesares de ser o seu primeiro ano con aparato, neste caso pelota.

Ximansia Pavillon

A categoría junior, con cinco cintas, foi a máis forte á hora de pasar este control. Eran catro clubes fortes (Maniotas, Acordes, Escola Pavillón e Ximnasia Pavillón) os que presentaban conxuntos para este control, sendo só dous (os que ocupasen as dúas primeiras prazas) os que terían dereito á participación nesta primeira fase de Copa de España. As ximnastas do Club Ximnasia Pavillón Ourense (Sabela, María, Rebeca, Paula, Sara e Lucía) tiveron a mellor nota dos catro conxuntos galegos, con claridade. O conxunto do EScola Ximnasia Pavillón (Uxía, Julia, Candela Díaz, Candela Pérez, Sara e Claudia), tivo algúns erros que as fixeron baixar á cuarta posición pero con escasa diferencia coa segunda e terceira mellor nota, que foron para Maniotas e Acordes respectivamente.

Ximansia Pavillon
O conxunto senior (Candela, Lorena, Paula, Lidia e Uxía) realizaron un exercicio de mazas moi vistoso e con moito risco, que pechou o control.

Os tres equipos do Club Ximnasia Pavillón (alevín, junior e senior) participarán pois na 1º Fase da Copa de España que se desenvolverá en Guadalajara o 22 de abril. O equipo técnico valora positivamente o traballo dos conxuntos e aproveitarán as semanas que quedan para pulir erros e realizar un bó papel na cita nacional.

 

Algo máis tarde comezaba o Campionato Galego de Base Individual no que a nosa única representante foi Sabela de Martín, de categoría cadete. Tendo o seu exercicio moi dominado a tensión da competición provocou algúns erros que a fixeron baixar ó oitavo posto da clasificación.

Noticias relacionadas